VISITA A BIENAL DA MÁQUINA - FER
VISITA A
BIENAL DA MÁQUINA - FERRAMENTA
BILBAO,
Marzo de 2008.
Con motivo da celebración da 24º Bienal da Máquina -
Ferramenta que tivo lugar na“Bilbao Exhitión centre” B.E.C. de Baracaldo do 3 ó
7 de marzo, os alumnos do CM de Instalacións e Mantemento do CIFP de Fene,
acompañados polos profesores: Benito Calvo, Lorena Yebra e Óscar Castro, fixeron
unha visita de tres días de duración a Bilbao para visitar a Bienal e ver as
últimas innovacións tecnolóxicas no sector da máquina - ferramenta e no
relacionado coa fabricación e mantemento mecánico.
A exposición ocupaba 6 pavillóns cunha superficie de máis
de sesenta mil metros cadradros nos que había 745 expositores de 36 países. A
Bienal de Bilbao, e unha das máis importantes do mundo no sector da máquina
ferramenta e move moitos millóns de euros.
No percorrido polos distintos pavillóns podemos ver as
máquinas - ferramentas máis modernas do sector industrial (tornos, fresadoras,
centros de mecanizado, taladradoras, rectificadoras, talladoras.etc), tanto
convencionais coma dotadas de potentes programas de control numérico. Tamén
máquinas que traballan por deformación, salas de metroloxía, equipos de soldar,
compoñentes de pneumática e hidráulica, equipos cad, can, equipamentos
didácticos para os centros, etc.
A viaxe organizámola co IES Marqués de Suanzes de Ferrol, e fomos en autocar. O
primeiro día aproveitamos para visitar Covadonga (Asturias) e tamén facer un
pequeno percorrido por Santander , o segundo día adicámolo a visitar a Bienal, e
o terceiro pola mañá tamén. Logo pola tarde regreso a Galicia.
Pernoctamos en dous albergues de Cantabria, o primeiro día en Solórzano, e o
segundo en Loredo.
En xeral todo se desenvolveu con normalidade e tanto alumnos coma profesores
mostraron a súa satisfacción pola visita a pesares do cansanzo da viaxe.
Agradecer a Asociación de Empresarios de Ferrol o seu apoio para poder levar a
cabo dita visita, xa que eles nos fretaron o autocar.
J.Óscar Castro
|