Pagina nueva 3
Visita ao castro de
Samoedo
A nosa
andanza comezou o ás 9 da mañá do 6 de marzo. Os alumnos do C.M e do C.S de
Administración, dirixiámonos cara o Castro de Samoedo (SADA), acompañados dos
profesores: Xosé Carlos, Ana Berta e Josefa.
Nada máis
chegar, vimos unha gran piscina cun debuxo enorme no fondo, que facía crer que
non tiña máis que uns centímetros de profundidade, pero que en realidade era moi
profunda. 
Logo
atendeunos a responsable de comunicacións, María foi moi amable. Primeiro
levounos ó de salón de actos, onde vimos un vídeo que falaba da historia das
fábricas de Sargadelos en Cervo (LUGO), e en Sada. Logo nos fixo unha
demostración cunhas pezas, unha estaba sen meter no forno pero co verniz, e a
outra xa estaba completamente acabada. Mandou baixar a un de nós a carón dela, e
sinalar cun láser no interior dunha peza e doutra, na que estaba sen meter no
forno, non traspasaba a luz, e na que estaba rematada, si.
A
continuación entramos na fábrica, alí puidemos ver o proceso enteiro de
fabricación: os moldes, a masa, onde os vernizan, onde os lixan, onde os cocen,
que eran trens que se metían en fornos con temperaturas superiores a 800º
centígrados, tamén vimos como os pintaban; xa que determinadas figuras se pintan
a man e outras con plantillas. Por último había unha muller facéndolles ás pezas
un control de calidade, onde se sabía se a peza estaba ben ou non se podía sacar
á venda.
Xa rematando
a visita, estivemos na tenda e alí vimos marabillas, xoias que valían unha
fortuna, pero que eran preciosas; vaixelas únicas e todo tipo de pezas, incluso
unhas que tiñan a forma de persoas ilustres,como o escritor Castelao ou Rosalía
de Castro. Tamén había un espacio adicado os libros, había moita variedade, e
para tódalas idades; dende os máis pequeniños ata os máis maiores.

Aquí rematou
a visita, e regresamos ó instituto satisfeitos pola experiencia vivida.
Ana I. López Pena. Tamara Fernández
Villaverde
C.M. Xestión Administrativa
|