Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Os nosos blogs (II)

OS NOSOS BLOGS

OS NOSOS BLOGS

O MEGALITISMO EN GALICIA

En Galicia hai varias zonas de megalitismo, herdanza dos celtas ou da xente do Neolítico que vivía aqui.
Unha destas zonas está perto de nós, en Narón máis concretamente.

Estes monumentos, tales como dólmenes e menhires atópanse xa profanados e hoxe en día protexidos e declarados patrimonio da humanidade.

Hai horarios para visitar estas construcións, aínda que hai algunhas que as podes atopar en rutas como a de "os muíños" ou a que vai pola beira do río Xuvia que son excelentes para ver aínda que un pouco inaccesibles.

Eu recomendo que as vexades e que recoñezades a cultura que houbo en Galicia noutras épocas.



OS BEBÉS E A PRAIA

Os nenos e os adolescentes reciben tres veces máis radiación ultravioleta que os adultos. É un dato probado que manexan os especialistas.

Por que? Á parte de porque están máis en contacto co aire libre que os adultos e expostos, polo tanto, ao sol, porque teñen unha pel máis fina que absorbe máis a radiación, e a pigmentación é menor.

Non é aconsellable levar a un bebé á praia como mínimo ata os seis meses, nin aínda cando se extreme a precaución. É perigoso porque a pel está nun proceso de maduración e aínda non desenvolveu todos os mecanismos de adaptación e protección, como o canto da pel ou a cantidade de melanina.

Aínda que as cremas infantís están moi evolucionadas, é recomendable adoptar outro tipo de medidas, especialmente nos nenos de menor idade. Hai que protexelos con pucho, camiseta e lentes de sol, levar unha sombrilla, buscar a sombra e evitar as horas de maior exposición aos raios UV, que se corresponden co mediodía e, as tres, é a hora crítica.

Para os nenos de curta idade, a protección debe ser a partir dun factor 40.


OS PETROGLIFOS DE MOAÑA

Cangas e Moaña contan, entre eles, cuns 40 petroglifos. A construción da vía rápida obrigou a trasladar un par deles.

Os habitantes denuncian novas agresións ao xacemento de Pozo Garrido, que xa ocasinou unha sanción de 130.000 euros a unha empresa de escavacións, por realizar verteduras á beira do petroglifo, ademais de impoñerlle a obriga de retirar terra e un muro que fixeran.

Luita Verde denuncia que dita empresa non retirou os verteduras senón que seguíu botando máis terra. As choivas de febreiro estanas arrastrando e deposintando xusto enriba do petroglifo.


UN BEBÉ DE 10.000 ANOS

En Siberia oriental, uns científicos atoparon en perfecto estado de conservación unha cría de mamut. Era femia, pesaba 50 quilos e medía 90 cm de alto. Morreu hai dez milenios con só un ano de idade. Agora os paleontólogos queren analizar os restos conxelados da cría de mamut e talvez extraer o seu ADN.