Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Excursion a Lugo - 2 versións

UNHA EXCURSIÓN A LUGO EN DÚAS VERSIÓNS

O día 29 de febreiro do 2008 fomos toda a ESO do IES de Fene a unha excursión a Lugo.

1º e 2º fomos no mesmo bus, no bus Lago con Antonio de condutor. 3º e 4º foron noutro bus diferente ao noso.

Cando chegamos fomos á muralla que rodea grande parte do centro de Lugo. Fomos por arriba e dimos unha volta completa, polo tanto, fixemos 2.140 metros. Ao longo da muralla podíase observar o centro urbano e a porta principal da muralla, chamada: “A porta de Santiago”.

Os de 3º e 4º da ESO foron a diferentes lugares que nós: 3º foi a un museo e 4º a outro diferente. Un grupo foi a un museo nas aforas da muralla e outro grupo a outro museo situado na zona rodeada pola inmensa muralla.

Despois de que cada grupo terminara a súa actividade, reunímonos todos nun parque dende onde fomos logo a ver a obra do teatro nun instituto. A obra chamábase “As tripas do teatro” e era de humor. Na obra aparecían partes que algúns compañeiros describían como pouco apropiadas polos seus contidos, pero outros opinaban todo o contrario. Ao principio parecía aburrida, pero non se pode opinar se algo non se ve rematar, así que ao final resultou ser moi graciosa e o pasamos moi ben.Comprámolas iguais pero en cores diferentes.

******************

Ás catro da tarde fomos aos buses e nos despedimos de Lugo, onde pasáramos un día fantástico.

Cando chegamos ao instituto, sobre as seis e menos vinte da tarde, eu e algunhas nenas máis nos quedamos no bus de Antonio porque nos deixou. Logo cada unha marchou para o seu bus, agás eu, porque eu volvía para casa no bus Lago, con Antonio e na ruta 2.

Todo este texto reunido sería un día fantástico en Lugo cos mellores profes e compañeiros.

Foi xenial!

******************

Hai case 1 semana fomos todo o colexio de excursión a Lugo.

Ao chegar dimos 1 volta á muralla e foi moi divertido.

A continuación fomos ver unha obra de teatro que se titulaba “As tripas do teatro”. A obra contaba como era un teatro por dentro: fixeron un casting, representaron a obra de “Romeo e Xulieta”...

Despois fomos comer a un centro comercial que se chamaba “As Termas”. Despois de comer tivemos moito tempo libre, onde puidemos mercar cousas para nós ou para a nosa familia.

Sobre as 4 collimos o autobús de volta ao colexio. Alí tamén o pasamos moi ben.

Finalmente chegamos ao cole ás 5:30 e nos deu tempo a estar xogando cos amigos ata que os buses se puxeran en marcha para levarnos ás nosas casas.

Eu na excursión paseino moi ben e tamén foi moi divertida e interesante. Espero que se fagan máis excursións así.