CATRO VIAXES EN VASOIRA Nunha t
CATRO VIAXES EN VASOIRA

Nunha tarde de inverno Ron, Hermione e eu decidimos explorar Hogwarts, o noso
colexio. Fomos ao desván onde atopei unha vasoira máxica. A vasoira era rosa con
moitas floriñas e corazonciños. Pensei que era unha broma pesada aínda que
recapacitei. Ron, Hermione e eu subímonos a ela e nun intre estabamos nun sitio
completamente distinto.
O lugar facíase chamar por o país do chocolate xa que
estaba repleto deste manxar: as casas, as árbores, os mares e océanos...
Era un lugar fantástico!
Decidimos coller moito chocolate porque alí se atopaba de
moitas formas: en bombóns, gominolas...Tamén o había branco, negro, con leite...
Despois de coller moito acordamos volver para o colexio.
Ao chegar ao desván depositamos no seu lugar correspondente
a vasoira rosa. Collimos todo o chocolate e comezamos a darllo a todos os nenos,
nenas, profesores, profesoras e outras persoas que estaban no colexio.
Gustoulles moito o presente.
Gardamos a vasoira. Seguramente a volveremos a utilizar!
***************
Isto pasou un día no que chovía moito, hai agora 149 anos.
Subín sobre a miña vasoira máxica, Turbo, que non sei por que, pero levoume a un
sitio moi raro. Alí as árbores non eran da cor de sempre, eran negras; as casas
estaban abandoadas, e os animais, eran feroces dragóns que cuspían bolas de pelo
xigantes.
Disque, aquel sitio estaba dominado por un ser terrorífico
chamado '' Dark Conejito''. Era unha mestura entre coelliño e peluche. Dominaba
aquel lugar e tiña moitas ganas de conquistar un sitio ao que o lle chamaba ''O
país dos coelliños felices''. Dicía que destruiría as casas e ordenaría ás
persoas, máis ben coellos, a ser os seus escravos. Eu non o permitín, así que,
collino en brazos, subinme sobre Turbo, a vasoira, e ao chegar díxenlle á miña
nai se mo podía quedar.
Estivemos os dous xuntos moito tempo, Dark Conejito e eu, e
axudoume a facer os deberes. Agora téñoo á miña beira e, díxome isto:
Vós seredes os seguintes
***************
Nun verán de 1999 dispúñame a coller a miña escoba en gti
para ir dar unha volta polo mundo.
Cando arrinquei saíu un gato de debaixo dunha caixa e
subiuse á escowagen. Como non quería baixar, arrinquei e coa forza calouse e
morreu. Ao chegar aos 8 km de altura quedeime sen gasolina e caín en picado,
pero por sorte caín enriba dunha nube e como era tan cómoda durminme durante 550
anos. Ao espertar, baixei á terra pero todo era un caos. Todas as plantas
nucleares explotaran e todos eran mutantes asasinos.
Eu agocheime nun laboratorio e fabriquei un raio láser co
que acabei coa humanidade (despois de que España pasase de cuartos de final na
Eurocopa).
*********************

Un día de moita chuvia e que se foi a luz, eu estaba
arranxando a miña vasoira YAMAHA e ocorríuseme unha idea: ir a probala pola
estrada e tentar coller os 20 Km/h para poder voar. Saín, pero xa empecei cos
primeiros problemas, non tiña gasolina, así que empecei a mexar no depósito.
Acendeu, pero soaba rara. Empecei a andar ata que voei. Cheguei aos 46Km/h,
sentíame Valentino Rossi, o limitador non puido máis e estoupou. Tamén estalou o
das revolucións. Despois de varios minutos quedeime sen gasolina. Encontreime
cunha árbore, choquei, segundo di Atestados porque me quedei sen dirección
asistida. Despois de chocar quiteime o casco e nese mesmo momento veu FARRUQUITO
co seu MERCEDES e atropeloume. Agora estou no hospital JUAN CANALEJO sen as dúas
pernas e sen un ollo en coidados intensivos e comprando unhas ortodoncias e unha
canica para subtituir ao ollo.
|