QUE SEREMOS DE
MAIORES?
(UNHA OPINIÓN SOBRE 1º DE ESO A)
Vamos ser:
A Nerea véxoa rodando outra película de Rebelde, porque é unha seguidora desa
serie.
A Lucas non sei, penso que o vexo vendendo calzoncillos no mercadillos porque
sempre os está ensinando.
A Rubén véxoo de “maruja” por todo Fene, a ver que pasou, como e onde.
A Laura penso que cando teña a súa propia casa, terá canción de Pocoyó porque é
tan curiosa como Pocoyó.
A Xano véxoo facendo galletas con gluten, xa que é alérxico ao gluten, morrerá e
eu non irei ao seu enterro.
A David M. véxoo vendendo mazás no mercadillo con Lucas. Un vendendo mazás e o
outro calzoncillos.
A Angela véxoa de profesora porque explica moi ben e ademais berra moito (cando
se enfada arde Troya).
A David F. non o sei, pero o vexo sentado, vendendo periódicos e xogando á Play
porque este neno non sei como non acaba tolo de tanto xogar á Play.
A Ana véxoa fan de película e de temas así. Se che digo a verdade, non o sei
porque o digo pero...
A Adán véxoo con 50 anos xogando no Maniños e cando se retire vainos seguir coma
un can “faldeiro”, e morrerá véndoo, parará o partido e farase un minuto de
silenzo.
A Adrián nin o sei nin o quero saber.
A min mesma me vexo de caixeira de Día, se me sae unha rata non me asusto: collo
a vasoira e lle dou un golpe e a mato. Síntoo por ela pero que marche a comer a
casa da súa nai. En Día hai moitas ratas falsas, polo menos antes, non sei agora,
pero por se acaso terei unha vasoira a carón de min. Por se acaso, sabes?
|