Pagina nueva 1
OS NOSOS BLOGS
Un ano máis, o alumnado de ESO traballou durante todo o
curso na confección de diferentes blogs en distintas asignaturas, como parte
fundamental da aprendizaxe das novas tecnoloxías.
Un destes blogs, foi o que se utilizou nas clases de Lingua Castelá e
Literatura. Velaí tedes algúns exemplos do que escribimos neles.
OS AZTECAS E EXIPCIOS
Os
exipcios eran persoas moi intelixentes porque, segundo os científicos, fixeron
pirámides dunha altura tal que se esa medida se multiplicase varias veces, o
resultado sería a medida xusta que hai desde a Terra ao Sol.
As pirámides feitas por eles, son, sen dúbida, extraordinarias. Non se sabe como
nin por que as fixeron. Hai teorías que din que para facer semellantes pirámides
necesitaron axuda doutros seres como por exemplo os extraterrestres. Tamén se di
que por dentro delas hai túneles ocultos polos que subían as pedras de gran
tamaño. Hai teorías de todas clases , pero ningunha está asegurada.
Os aztecas teñen que ver con eles por súas pirámides. A estrutura das devanditas
pirámides parécese en gran parte á das aztecas, pero as dúas zonas están moi
separadas.
COMO MANTER A MAIOR AUTOESTRADA XAMAIS CONSTRUÍDA A
TRAVÉS DO DESERTO
Situada entre as grandes dunas do Taklimakan, a autoestrada de Tarim non é só a
maior autoestrada xamais construída a través dun deserto, senon un auténtico
logro da enxeñaría chinesa. Os seus 522 Km. de trazado atravesan unha das
rexións máis extensas do planeta, unha área de 270.000 Km2 cuxo nome,
en lingua uigur significa " se entras non poderás saír ". Para os chineses,
desde os tempos de Marco Polo, o lugar tamén é coñecido como o " Mar da Morte ".
Desde a súa construción, no 1995, o problema a resolver foi sempre o mesmo: como
impedir que as voraces dunas enterren a autoestrada? Durante os dez primeiros
anos, a estrada viuse afectada pola area, que cortaba o paso ás decenas de
camións que transportaban o petróleo da cunca do Tarim para o Sur e para quen se
deseñara o camiño.
O TREN MÁIS LONGO DO MUNDO
 O
tren que atravesa o deserto entre as cidades de Nuadibú e Zourat, en Mauritania,
arrastra unha cadea de vagóns de case tres quilómetros de longo. O convoi
transporta ao redor de 22.000 toneladas de ferro desde a xigantesca mina de
Zourat, en metade do Sahara, ata a costa mauritana. A viaxe pode levar todo un
día e cobre unha distancia duns 700 quilómetros, cruzando por un dos lugares
máis desolados do planeta. En máis dunha ocasión, o tren foi atacado polo Fronte
Polisario ao seu paso pola fronteira co Sahara Occidental.
|