|
A21EG
A21EG:
DESCIFRA O SEU SIGNIFICADO
Non é o nome dun novo personaxe da guerra das galaxias, nin un novo modelo de
electrodoméstico, nin tampouco o contrasinal de acceso ao botón de
autodestrucción do instituto.
A Axenda Escolar 21 Escolar Galega é como se chama o noso compromiso pola
sostibilidade ¡¿ SOSTI.....que?! ¿ iso que é? Sostibilidade ou desenvolvemento
sostible quere dicir aproveitar os recursos que temos no presente pero
asegurándonos de que non comprometemos o desenvolvemento para o futuro. A A21EG
é o compromiso da nosa comunidade educativa para traballar pola calidade
ambiental e a sostibilidade do centro e o seu entorno, aceptando a nosa parte de
responsabilidade en mellorar o presente e o futuro de todos – empezando por nós
mesmos- e contribuíndo a sostibilidade global.
Podemos facer moito como individuos: responsabilizándonos (no uso racional
dos recursos, modificando hábitos), sendo equitativos e estimulando a
participación, avanzando na ecoeficiencia (reducindo e separando residuos,
aforrando enerxía e auga...),

ALUMNOS/AS DO COMITÉ AMBIENTAL:
Tamara, Pablo, Ludo, Diego, Adrián, Rubén e Laura.
Qué obxectivos temos no IES de Fene?
Identificar, analizar e investigar as causas dos problemas que afectan a
calidade ambiental e de vida do centro escolar e o seu contorno.
Concienciarnos da necesidade de mellora do noso medio.
Programar e poñer en funcionamento accións que melloren a vida diaria do
centro escolar.
Fomentar a participación de todos, non só a participación de profesores e
alumnos en actividades puntuais, senón tamén implicar a todos os sectores na
toma de decisións respecto a estratexias, actividades, etc.
Lograr acordos que posibiliten modos de vida máis sostibles no centro.)
Neste ultimo trimestre tivemos unha visita moi interesante. Visitounos o
delegado provincial da Consellería de Medioambiente e Desenvolvemento Sostible
para falar do cambio climático cos alumnos de bacharelato en presencia do
alcalde de Fene.


Resultou unha charla moi amena con datos e imaxes tremendamente impactantes.
*********************
Tamén visitamos o IES CONCEPCIÓN ARENAL de Ferrol para celebrar a primeira
xuntanza de centros A21 da bisbarra. Participamos en varios talleres e
demostracións preparados polos compañeiros do Concepción Arenal e o Servizo de
Educación Sostible.


As alumnas de 4º, dirixidas por Bárbara, a profesora de Música, tiveron un
éxito enorme coa demostración de como crear arte e espectáculo aproveitando
materiais destinados ao lixo. O seu show foi un dos momentos máis celebrados da
xornada en Ferrol.
*****************
Este é o noso logotipo.

Foi deseñado por Sarai Casal Vidal e foi premiado no concurso convocado pola
Consellería de Medioambiente e Desenvolvevemto sostible.
¡Felicidades e grazas, Sarai!
|