AULA DA NATUREZA. 1º ESO. ASTRONOMÍA: COÑECE O CEO

O mércores 8 de Abril, alumnos de 1º ESO do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense, visitamos a aula da Natureza en Oira, para participar na actividade: "Astronomía: Coñece o Ceo".
Aprendemos cousas sobre as constelacións, as estrelas e por suposto sobre o noso Sol, que puidemos observar empregando un telescopio solar.