PARTICIPAMOS EN MOTECES 2017. GRUPO TEATRO

O grupo de Teatro do noso centro, dirixido por Pablo Silva, participou nesta edición de MOTECES (Mostra de Teatro de Centros de Ensino Secundario)

A obra elexida para representar polos alumnos de Secundaria, e algún de primaria tamén, foi a obra "HIP, HIP, HURRA!" e data que nos tocou foi a do 8 de maio, tivemos moita sorte e puideron vela os alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria, foi unha mañá divertida e ben diferente, xa podiamos ter máis así..., pero ademáis o día 12 de maio fomos recoller un agasallo para todos os Colexios participantes na iniciativa. A verdade e que estamos moi moi ledos coa experiencia, e por suposto, con gañas de repetir.

[+Imaxes]

[Noticia "La Región"]