Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Formacion en centros de traballo

Pagina nueva 1

FORMACION EN CENTROS DE TRABALLO

 


A Formación Profesional Específica está composta de módulos profesionais, que o alumnado deberá ir superando para acadar o título de técnico das ensinanzas que está a recibir. Un destes módulos é a Formación en Centros de Traballo (FCT)

 

O módulo FCT é unha formación específica e complementaria que se desenvolve en empresas ou 6institucións en situacións reais de traballo. Ten caracter obrigatorio en todos os ciclos formativos e realizarase por norma xeral, de forma ininterrompida durante o último trimestre do ciclo formativo, unha vez superados tódolos demais módulos.

 

Este módulo ten as seguintes finalidades:

 

- Completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título acadadas no centro educativo.

-  Adquirir unha madureza profesional.

- Completar coñecementos relacionados coa produción, a comercialización, a xestión económica e os sistemas de relacións sociolaborais das empresas, que faciliten a inserción laboral.

- Avaliar os aspectos máis relevantes da profesionalidade e acreditar os aspectos requiridos no emprego que non poidan verificarse por exixir situacións reais de traballo.

 

O centro educativo asinará un convenio de colaboración con cada un dos centros de traballo. Dito convenio terá unha duración dun ano, e asinarase un convenio por cada un dos ciclos nos que haxa alumnos para realizar a FCT.

 

O horario para facer as FCT é o propio das empresas, sempre e cando estea comprendido entre as 6:00 horas e as 23:00, e non sexan fins de semana. Se estivera fora das marxes anteriores, teríase que solicitar permiso á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

 

Cando non se poidan acadar tódalas capacidades terminais nun só centro de traballo, o alumno/a pode facer as FCT en máis dunha empresa.

 

Non se poden asinar convenios coas empresas onde o alumnado teña algunha relación de parentesco (ata terceiro grao) co empresario ou co titor da empresa.

 

Todo o alumnado terá un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

 

Nalgúns casos, o módulo FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa experiencia laboral. Esta exención poderá ser total ou parcial, dependendo da correspondencia que haxa entre a experiencia acreditada e os contidos do módulo formativo.

 

As horas do módulo FCT dependerá do número de horas do ciclo. No CIFP de Fene temos nove ciclos formativos. Estes ciclos formativos son:

 

Ciclos superiores

- Administración e Finanzas (2000horas).

- Sistemas de regulación e control automáticos (2000horas).

- Sistemas de telecomunicación e informáticos (2000horas).

 

Ciclos medios

- Equipos electrónicos de consumo (2000horas).

- Soldadura e caldeirería (2000horas).

- Electromecánica de vehículos (2000horas).

- Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor (2000horas).

- Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas (2000horas).

- Xestión administrativa (1300horas).

 

Os períodos de realización da FCT segundo os distintos ciclos formativos do noso centro serán os seguintes:

 

 

Ciclos de 2000 horas 380 Horas FCT

 

Período ordinario

abril - xuño

Período Extraordinario

setembro - decembro

xaneiro – marzo

abril – xuño

Ciclos de 1300 horas 340 Horas FCT

 

Período ordinario

setembro - decembro

Período Extraordinario

xaneiro – marzo

abril – xuño

setembro - decembro

 

 

 

Para acceder ao período ordinario, o alumnado ten que superar tódolos módulos previos as FCT. En caso contrario non accede as FCT e queda no centro recuperando os módulos pendentes. Cando supere ese módulo, accede ás FCT no seguinte período.

Se algún alumno non superase as FCT (cualificado como NON APTO), deberá matricularse de novo para realizar as FCT.

 

Para realizar as FCT o alumnado dispón dunhas axudas económicas, dunha contía de 5€ por xornada de 8 horas.

Rematadas as FCT, o índice de contratación é moi alto, acadando nalgún ciclo o 100%.

Os alumnos/as que rematan os ciclos entran nunha bolsa de traballo, co fin de

poñelos en contactos coas diferentes empresas que soliciten alumnos/as para contrato laboral nos vindeiros cursos. Esta bolsa está o máis actualizada posible, mantendo o centro contacto co alumnado que xa rematou os seus estudos.

 

No presente curso no noso centro están a realizar as FCT un total de 68 alumnos/as, repartidos da seguinte forma:

 

CICLOS

Setembro decembro

Xaneiro marzo

Abril

xuño

Totais

CS Administración e Finanzas

1

1

6

8

CS Sistemas de regulación e control automáticos

1

-

8

9

CS Sistemas de telecomunicación e informáticos

-

-

13

13

CM Equipos electrónicos de consumo

1

-

7

8

CM Soldadura e caldeirería

-

-

2

2

CM Electromecánica de vehículos

3

-

6

9

CM Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor

5

-

7

12

CM Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas

-

-

3

3

CM Xestión administrativa

4

-

-

4

Totais:

15

1

52

68

 

 

 

O noso centro xa tivo contacto cun total de 192 empresas, cifra que se vai incrementando día a día, pola satisfacción que van tendo os empresarios co alumnado dos ciclos formativos. Isto pódese ver no grande número de empresas que non soamente queren alumnado para facer as FCT, senón tamén para contratar, sendo en moitos casos imposible dar resposta ás súas necesidades por falta de alumnado que se encontre desempregado.

 

A maior parte das empresas encóntranse na zona de Ferrolterra, por ser o ámbito do noso centro, aínda que existen outras moitas fóra desta zona, tales como As Somozas, A Coruña, Bergondo, As Pontes, Betanzos, Santiago de Compostela, Sada, Mesía, Xove, Vilalba, Sarria, Viveiro, etc.