Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Feira Enerxia e M.A.

Pagina nueva 1

VIAXE Á  “FERIA INTERNACIONAL DE ENERGÍA Y MEDIO AMBIENTE

 

Ó longo do curso 2006/2007, dende o departamento de “Mantemento e Servicios á Producción” do CIFP de Fene, planificouse facer unha viaxe cos alumnos do Ciclo Medio de Frío á “Feria Internacional de Energía y Medio Ambiente”, que se desenrolou en Madrid durante os días 28 de Febreiro ó 2 de Marzo.

Dentro da feira tivemos ocasión de  ver as novidades dos fabricantes relativas ó: aire acondicionado, calefacción e auga quente sanitaria, frío comercial , refrixeración e frío industrial,….e todo o relativo ás enerxías renovabeis, especialmente a solar nas súas vertentes térmica e fotovoltaica. Para nós, dentro do ciclo, son un campo de desenrolo natural os aproveitamentos solares térmicos posto que supoñen a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de clima e calefacción e supón a nosa contribución ó desenrolo sostible. Ademais do noso compromiso persoal coas renovabeis, os novos marcos legais como o “Código Técnico de Edificación” van impulsar este mercado e os alumnos do noso entorno deben aproveitalo.

A viaxe en si foi dura, longa e moi entretida. Cóntovos: viaxe en bus dende Ferrol ata Madrid durante o xoves, chegada a Madrid, incursión no metro, durmir e todo o venres pateando a feira, preguntando e aprendendo moito, uns kilómetros percorridos polo recinto feiral ateigados de bolsas con documentación e noite do venres ó sábado viaxando de noite no bus cara a Ferrol. Total, experiencia moi boa, e se queredes saber máis preguntádelle aos alumnos de frío.

Saúdos