Pagina nueva 1
O
LIBRO MÁXICO
por Sara Cribeiro de 1º ESO A
Había unha vez uns
irmáns chamados Irene e Fernando. Tiñan os mesmos anos, xa que eran xemelgos.
Parecíanse moito: eran louros de ollos verdes, altos e algo inquedos. Aos dous
fascinábanlles as meigas, os feitizos e a maxia, especialmente a maxia.
Vivían cos seus pais en “Vilanova”
unha pequena vila con poucos edificios: unha igrexa, unha escola, un instituto,
cinco ou seis casas espalladas por aí, e, sobre todo, un montón de vivendas
abandonadas. Entre elas unha mansión que se encontraba ao lado da casa dos nenos.
Contan que un día, nesa casa abandonada, unha nena duns seis anos entrou, foi
ata a biblioteca e esfumouse. Así como soa, dende que entrou na biblioteca
desapareceu.

Algún tempo despois,
na noite máxica dos Reis Magos, decidiron ir, para honralos, ver aquela
misteriosa biblioteca, pero, por suposto, preparados: allos para os vampiros,
pocións para as bruxas, e moitísimos feitizos. Pero, sobre todo, tiñan que levar
a cabeza preparada para calquera cousa.

Nevaba, facíase de
noite. Dende algún tempo atrás xa tiñan nas casas, luces navideñas e a árbore
preparada. Pero aquela mansión estaba na penumbra, sen luces, sen árbore, sen
vida.
A porta da casa
rinchou ao abrila, e contemplaron o interior da mansión: tiña moitísimos
retratos de xente rara, armaduras e obxectos de hai bastantes décadas. Fronte a
eles había unhas escaleiras que levaban ao piso de enriba. Á dereita, unha
biblioteca, unha inmensa biblioteca.

Entraron nela e
atoparon un libro estrado no chan. Collérono e leron a primeira folla: “Sinme
Mine, ollos de tritón, este conto sen corazón terá nenos a montón, exes exes” .
De repente, o
libro tragounos.
Chegaron a un lugar
en branco e negro, con vaqueiros, policías, cabalos e montóns de bares con
camareiros e camareiras.
Alí atoparon a unha
nena que lles falou apresuradamente e moi baixiño:
- Vós
sodes de “Vilanova”?, menos mal, vide comigo e esplicaréivolo.
A nena levounos a un
calexón e díxolles:
- Eu son María, a nena que desapareceu hai oito anos. Eu tamén lin ese
feitizo que vos trouxo aquí. Cheguei a averiguar que isto é un conto que está
sen terminar; ata que o acabemos non poderemos saír.
María explicoulles todo o que tiñan que facer: atopar o
“Anel das ánimas Perdidas”
, un anel que valía máis de 500.000 millóns de euros. Pero teñen que facelo
antes que os axentes secretos.

Irene e Fernando cambiaron de aspecto, xa que tiñan que adaptarse a
aquela época.
Con María foron atopando pistas que levaban a outras pistas. Pensaban
que, pouco a pouco, estaban máis preto da súa casa.

Pasaban os días e
atopaban máis pistas. Pero sucedeu o que os tres temían: os axentes secretos
descubríranos.
Pensaredes que non está tan mal, ao fin e ao cabo, se os axentes
secretos atopan o anel, acabarase o libro. Pero non foi así: os axentes que,
debo engadir, eran bastante tontos, non deron atopado o
“Anel das ánimas Perdidas”.
Quizais algún Nadal outros nenos acabarán o libro e os traerán de volta. Pero,
soamente, quizais...
|