Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Proxecto I+D

Pagina nueva 1

PROXECTO DE I+D

 


TECNOLOXÍAS ENCAMIÑADAS Á ACCESIBILIDADE

                  NO SECTOR DA AUTOMOCIÓN

 

entre os anos 2004 e 2007 lÉvase A cabo un proxecto de investigación subvencionado pola consellería de industria co fin de :

 

A finalidade deste proxecto é desenrolar sistemas que permitan o acceso e un mellor desenvolvemento na condución das persoas que ven minguadas algunhas das súas facultades.

 

O proxecto trata de mellorar tres aspectos nos que a investigación é escasa :

 Axuda ó acceso ó interior do automóbil

 Axuda ó manexo de certas funcións internas e externas

 Recoñecemento de sons no exterior do automóbil, avisando ó conductor por medio dunha pantalla.

 

Os obxectivos deste proxecto están encamiñados ó ensino e á divulgación de certas técnicas de investigación aplicadas á automoción, baixo as liñas explicadas na introdución. A interacción entre docentes e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e docentes do instituto IES de Fene permite abrir unha vía de comunicación entre ambos sectores educativos. Para tal fin, leváronse a cabo, fundamentalmente, dúas liñas de investigación:

 

 Construción do dispositivo do vehículo que permita a mobilidade do asento fóra do mesmo por parte de profesorado do IES de FENE.

 

 Deseño dun instrumento luminoso que se acople ó salpicadeiro do vehículo que indique ó conductor a procedencia e o tipo de son dunha fonte externa, realizado  na Facultade de Físicas – departamento de Física Aplicada- da USC.

 

 

En liñas xerais, a investigación e construción do prototipo resultou fructífera. A continuación preséntanse as vantaxes e desvantaxes que se atoparon neste primeiro prototipo desenvolvido.

 

Vantaxes

 Facilitar amplamente a accesibilidade ó vehículo a persoas con problemas de mobilidade ou con discapacidade.

 Accesorio que pode ser instalado en calquera modelo de vehículo.

 Custo.

 

 

Inconvenientes:

 

 Sistema empregado: está demostrando ter un volume demasiado elevado para as características dos vehículos convencionais de pequenas dimensións.

 No prototipo aquí desenvolvido, o movemento do asento resulta ser demasiado ruidoso.

 

 

 

Proxecto Indicador Luminoso.

 

 Definición: consiste nun indicador que se atopará no salpicadeiro do automóbil. Este dispositivo será capaz de identificar tanto o tipo de son correspondente a unha fonte exterior (identificador intelixente) como a súa orixe (localizador intelixente).

 O deseño tentará que o sistema usado sexa universal, sendo polo tanto adaptable a calquera tipo de vehículo. Está pensado, sobre todo, para que ata os de gama baixa poidan utilizalos, co fin de que sexa un recurso economicamente accesible para o conxunto da sociedade.

 

 

Valoración dos Resultados Obtidos.

           En liñas xerais, a investigación e construción do prototipo resultou fructífera, sobre todo desde o punto de vista didáctico.

 

Vantaxes:

 

 Recoñecemento de sons externos, como axuda para persoas con discapacidade auditiva.

 Accesorio que pode ser instalado en calquera modelo de vehículo.

 

Inconvenientes:

 

Malia os bos resultados obtidos coas simulacións, mediante ordenador, da RNA necesaria para implementar o dispositivo, atopámonos con algunhas incidencias, as cales se detallan a continuación.

1) O son captado precisa dunha unidade de procesamiento de sinais que permita obter o seu espectro, mediante a apropiada aplicación das transformadas rápidas de Fourier [Irrazabal1999]. No noso caso, isto levouse a cabo mediante un adecuado programa informático (software Cool Edit [SSC2003]). Con todo, isto é moito máis complicado de levar á práctica en tempo real (cálculos da orde dos milisegundos) e mediante un dispositivo de hardware instalado dentro do dispositivo indicador. Dita complexidade implica un deseño máis elaborado do que se suscitaba inicialmente, ademais de encarecer os materiais a adquirir, estando estes fose do orzamento asignado a este proxecto. Ver Conclusións.

2) Debido a atrasos involuntarios, tampouco foi posible construír un prototipo de RNA en hardware propio (con tecnoloxía de estado sólido tipo VLSI [Fakhraie1996]). Ver Conclusións.

 

Como en todo proxecto os resultados acadados son mellorables, pero en liñas xerais cabe estar contentos dado que os prototipos conseguiron ser deseñandos e probados, quedando pendente a fase de mellora.

Participantes do Proxecto

USC

Eduardo Moreno Piquero ( Investigador Principal)

Francisco José Ares Pena

Julio Claudio Brégains

IES de FENE

Alberto Caaveiro Tembrás

Antonio González Fernández

Juan Manuel López López

Andrés Villar Martínez

Mª Estrella Pérez Freire

ICE