O RONSEL DO PAROLEIRO Nº7 - M
O RONSEL DO PAROLEIRO
Nº7 - Maio 2007
O CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL
A estas alturas do curso (xa case rematado) todos
sabemos que no que antes era o I.E.S. Fene está a funcionar tamén “outra cousa”
que se chama Centro Integrado. Vimos que había profesores de garda
diferenciados, novos despachos e oficinas para o I.E.S. e por último nova sala
de profesores.
Pero ó mellor aínda non temos nada claro en que consiste eso de ser Centro
Integrado, non é de extrañar, entre outras cousas porque a normativa pola que se
van regular aínda está incompleta. Basicamente e de xeito resumido estes centros
ofertan, ou ofertarán, catro tipos de Formación Profesional:
-A regrada que son os Ciclos Medios e Superiores xa coñecidos e que se imparten
tamén en moitos I.E.S.. Aquí poderíamos incluír a formación a distancia que
tamén se ten feito de xeito experimental no I.E.S. Fene, é un ensino
semipresencial, parte por internet e parte nos centros.
-A ocupacional, dirixida a desempregados para axudarlle a mellorar a súa
formación e atopar mellor emprego.
-A continua, para traballadores en activo, poden ser de empresas e tamén
profesores para actualizar coñecementos, estas dúas últimas se refunden nunha
sola, a formación “para o emprego”, por un recente Real Decreto
-A estratéxica ou I+D, para desenvolver proxectos innovadores en colaboración
coas universidades.
Outra función, quizais a máis importante e novedosa, é a chamada “RECOÑECEMENTO
DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS”, consistente en que ós traballadores pola súa
experiencia ou polos cursiños que teñan feito se lle acredite o seu dominio en
determinadas competencias é incluso, si reúnen os requisitos de acceso á regrada
(ESO, Bacharelato, probas de acceso, etc.), poden cegar a acadar os títulos de
“Técnico” ou “Técnico Superior”, correspondentes ós Ciclos.
E nada máis, que me parece que en contra o que me pediron, isto saíume un pouco
longo de máis. Para calquera aclaración non dubidedes en acudir ás Orientadoras
dos dous centros ou as Direccións que con moito gusto tentaremos resolvelas.
Gracias ós que tivechedes a atención de ler este “rollo”, saúdos.
A21EG
No presente curso 2006-2007 botou a andar a Axenda Escolar 21 no IES de Fene
A A21E, non é máis que un compromiso da colectividade de cada centro educativo
co medio ambiente. Trátase de que cada centro se marque uns obxectivos que ir
cumprindo pouco a pouco cara a un desenvolvemento sostible, tamén no mundo do
ensino.
Efectivamente, se o pensamos un momento, nos centros de ensino podemos facer
pequenas cousas para mellorar o mundo no que vivimos: reducir, reutilizar,
reciclar.
Pensa no global e actúa no local.
Agardamos que vos vaiades mentalizando e nos apoiedes neste tarefa que temos que
levar adiante entre todas e todos.
Exemplar subvencionado pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística,
Consellería de Presidencia
|