Pagina nueva 1
CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Como en anos anteriores, o noso instituto convocou un concurso de cartas de amor
ao redor do 14 de febreiro. Tamén como os outros cursos o éxito foi notable en
canto a participación e calidade.
Aquí tedes tres mostras das cartas presentadas.
Mira que profundo
caín, que eu necesítote, fasme falta, sen ti todo anda mal. Mira ti que ben
estás, como sorrís. Pobre de min, que tonta fun; fun tan estúpida... Ti disme
adeus e te levas a miña vida, porque te vas e se me acaba o mundo e é que o meu
mundo es ti.
Non podo pensar que
sufrir non me serviu, porque é unha forma de aprender a non volver a cometer o
mesmo erro.
É un castigo non
merecido entregar o corazón sen condicións e recibir tan só desilusións. E agora
estou aquí, remendando a miña vida polas túas feridas e buscando unha saída. Sei
moi ben que camiño me alonxa de ti, xuntando as miñas forzas dobrando a dor e
convencéndome de que teño que ser forte, que xa o superei e sobrevivirei. E que
por ti non merezo sufrir xamais.
Non te preocupes, non
me preocupas. Non es a primeira pedra coa que tropezo. Eu empezarei de novo e
levantareime unha vez máis.
Toda a miña vida
apágase, o meu mundo cégase, amor ao pedirche e gritarche que volvas. Amor es
ti, a verdade do meu tempo, amor es ti, amor. Ti es a noite e os teus ollos que
son gotas de luz e síntote aquí, asolagándoo todo. Son unha alma en pena, morte,
unha avara que condenas e ti sentenciaches, unha alma de penas que ti
crucificaches. Unha alma que vai, unha alma que non está, unha alma que se perde
no baleiro.
Como dicirche que non
te vaias se xa non estás. Sen ti non hai lugar; sen ti todo dáme igual; sen ti
non hai brisa do mar. Es o meu presente e o meu pasado, es isto e moito máis. E
nada no mundo te pode reemplazar, e aquí, no meu corazón, só existes ti e
ninguén máis que ti. Non te cambio porque te amo. Ámote con todo o meu corazón,
e porque ti me fas sentir mellor, encantada e fora de control, porque te amo a
ti.
Ámote e para min non
existe o ceo se ti non estás, non existe nin o ceo, nin o mar, nin luz no meu
corazón.
Quérote porque sei
que podo, porque sabe o mundo enteiro o tempo que te espero.
Feliz San Valentín
Ana Paula
*************************************
Ola miña prezada
amada…!!
Aproveito a maxia que
ten este día sobre os namorados para dicirche o que está ocorrendo na miña vida
dende que te coñecín o primeiro día de clase cando te vin entrar por primeira
vez pola porta.
Ese primeiro día o
meu corazón empezou a latir con forza e souben que ti serías alguén moi especial
na miña vida.
Dende aquela xa
pasaron moitos anos, e ata o día de hoxe non se me pasara pola cabeza o que che
vou dicir hoxe nesta carta.
Grazas á túa amizade
son unha persoa mellor e non sei como agradecercho. Se tivera que describirche
nunha soa palabra o que me fas sentir non podería, pero unha cousa si que che
podo dicir, e é que te amo con toda a miña alma e que a túa mirada e o teu
sorriso son a luz que ilumina os meus días dende pola mañá que xa estamos xuntos
ata que nos temos que separar...!!
Sei que o noso amor é
imposible porque amas a outro, por iso o único que che podo dicir é que sempre
vou estar ao teu carón, que te quero como nunca quixen a ninguén, e tamén
pedirche que non cambies nunca porque vales moito e calquera home do mundo sería
feliz estando contigo.
Quérete moito: quen
ti xa sabes!!
Altair Rodríguez
Pena, 1º BAC B
*************************************

Como podo dicir
Que tan só te amo a ti
Sen que a ninguén
Lle pareza ruín.
Como podo demostrar
Que só ti es a miña vida
Sen que a ninguén
Lle pareza egoísta.
Como podo terte
Nos meus brazos
Sen que a ninguén
Lle pareza atrevida.
Como podo facer isto
Sen ser unha ladroa
Pois desexo o máis belo
Que hai na vida.
Como podo berrarlle
Ao mundo enteiro
Que ti es o único
Que eu máis anhelo.
Como podo conseguirte
Sen que o vento
Me teña envexa
Por facelo.
Como podo lograrte
Sen perder a miña vida
Se ti ma quitas ao mirarme
Tan de seguida.
Como podo expresar
En poucas palabras
Que TE QUERO?
Se xa o conseguín.
Lourdes Iglesias Leite, 1º BAC B
|