Pagina nueva 1

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Un ano máis, o E.N.L.
desenvolveu unha serie de actividades encamiñadas ao fomento e promoción da
lingua e a cultura galegas. A novidade deste curso foi que, debido ao
desdobramento que se fixo dun único instituto en dous, o E.N.L. realmente foron
dous (un por cada instituto) aínda que na práctica funcionamos coordinadamente
como se se tratase dun só. Por esa razón, os dous equipos programamos as mesmas
actividades e ofertamos practicamente todas elas aos dous institutos.
Aínda que o curso non
rematou e quedan actividades por facer, estas son algunhas das xa realizadas ou
a punto de se levar a efecto:
a) Primeiro
trimestre:
-
Edición do calendario do ano 2007 (dada a calidade dos traballos deste ano
optouse por facer catro modelos diferentes).
-
Elaboración de almanaques 2007 con fotos antigas de Fene.
-
Conferencia de Xesús López Piñeiro sobre “A pintura de Castelao”.
-
Elaboración de postais de Nadal.
- Participación no
certame “En galego, sen filtro” que organiza a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Nesta ocasión, a coordenadora
tivo a ben escoller, entre outras, o poema de
Jacques Prévert: poèmes d’amour,
presentado pola
profesora de francés Montse.
b) Segundo
trimestre:
-
Elaboración de dous boletíns informativos.
-
Concurso de cartas de amor.
-
Concurso de postres do Entroido.
-
Conferencia de Xabier Ferro sobre sexualidade.
-
Conferencia de A. Eiré, director de A Nosa Terra.
-
c) Terceiro
trimestre:
-
Exposición “Rocha Viva” (caricaturas en pedra dos escritores clásicos galegos).
-
Participación na actividade, organizada pola Coordenadora de Equipas de
Normalización Lingüística de Ferrolterra, “Coa lingua de excursión”. Un número
reducido do alumnado máis comprometido co idioma foron invitados a Porto.
-
Edición do número 7 da revista escolar “O Ronsel do Paroleiro”
Tamén colaboramos nas actividades organizadas pola Biblioteca do Centro e o
Grupo Natura, sendo un dos labores fundamentais para este curso a potenciación
das festas tradicionais: Magostos, Entroido, etc., así como a recuperación dos
xogos populares, que continuaremos en cursos vindeiros

|