Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: Axenda Escolar 21

Pagina nueva 1

 

 

 

AXENDA ESCOLAR 21. IES DE FENE

 

ANTECEDENTES

 

O IES de Fene conta dende hai un par de cursos cun grupo de profesores/as que vén facendo  actividades relacionadas co medio ambiente. Ese grupo cambiou de compoñentes durante este tempo, aínda que hai un núcleo estable formado, fundamentalmente, polos membros do departamento de CCNN e algunhas persoas máis, contando dende sempre co apoio do equipo directivo.

 

Ese grupo botou a andar consciente da dificultade que conleva poñer a funcionar unha actividade que non ten tradición nun centro educativo. Por esa razón, optouse por ir facendo poucas actividades que fosen quedando como estables para cursos vindeiros e non caer na tentación de querer facer grandes cousas en tres días.

 

Hai que comentar que cando comezamos, unha das cousas primeiras que fixemos foi convocar un concurso entre o alumnado co fin de dotarnos dunha mascota que fora quen nos identificase nos diferentes traballos futuros. O resultado dese concurso deunos, a maiores, o nome do grupo, xa que se trataba dun precioso raposo coa lenda ”Natúrate”, o que nos motivou a chamarlle a este colectivo “Grupo Natura”.

 

A AXENDA ESCOLAR 21

 

No presente curso escolar 2006-2007, presentóusenos a ocasión de integrarnos nun grupo de centros educativos que estaban, ou comezaban a estar, desenvolvendo a Axenda Escolar 21 nos seus respectivos centros de ensino. Dada a ocasión, presentouse ao Claustro a proposta de integración nese grupo, quen aceptou a posta en marcha desas actividades no IES de Fene. Por esa razón, é lóxico pensar que este novo grupo que se integra na Axenda Escolar 21 vai absorber na práctica ao denominado Grupo Natura, que, non obstante, pensamos que non só non debe desaparecer,  senón  que debe figurar como o motor deste grupo máis amplo.

 

Como dixemos ao principio, non queremos empacharnos de actividades que despois se vaian abandonando, por esa razón, só nos propuxemos tres ou catro grandes temas sobre os que traballar neste curso e no vindeiro: a limpeza do Centro, o aforro enerxético, o uso do papel e a reformulación dos espazos verdes exteriores.

 

Entre os primeiros obxectivos que pretendemos acadar, podemos salientar os seguintes:

 

-Dinamizar o Comité Ambiental do IES de Fene.

 

-Fornecer á Comunidade Educativa de actividades que axuden a resolver ou mellorar os problemas medioambientais.

 

-Informar á Comunidade Educativa do que é a Axenda 21 e procurar o seu apoio e implicación maioritarios.

 

-Lograr acordos entre os distintos sectores da comunidade escolar que supoñan un cambio de rumbo na escasa concienciación ambiental actual.

 

-Facer que o alumnado tome conciencia neste asunto,  xogando un papel predominante en todo o proceso.

 

-Conseguir un horario e presuposto propios para levar a cabo esta tarefa.

 

-Crear grupos de debate e apoio na Comunidade Escolar.

 

-Integrar as actividades anteriores no currículo do Centro.

 

-Investigar as eivas medioambientais que ten o noso centro de ensino, propoñendo solucións axeitadas  a cada caso.

 

 

 

-Implicar ao maior número de persoas que nos sexa posible neste traballo, tomando o comité ambiental a responsabilidade de motivar e asesorar ao resto dos membros do centro de ensino.

 

O grupo de traballo da Axenda Escolar 21 está formado polos oito profesores/as que figuran a continuación:

 

Antonio Rivera García

María Armas Blanco

Eladio Pena Castro

J. Bautista Fernández Lamelas

J. Pablo Patiño García

Juan González Luaces

Cristina Fernández Blanco

Miguel Anxo Romero López

 

Ademais, formouse o Comité Ambiental do Centro, que quedou composto polas seguintes persoas:

 

 

Sector do alumnado:

 

Lourdes Iglesias Leite

 

Sector do persoal non  docente:

 

Montse Rodríguez Rodríguez

Roberto Salgado Naveiras

 

Sector dos pais/nais:

 

Yanedt Macías

 

Sector do profesorado:

 

  J. Pablo Patiño García

Miguel Anxo Romero López