Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: As superligas

Pagina nueva 1

AS SUPERLIGAS

 

 

Durante este curso celebráronse dous torneos durante os recreos. O primeiro foi o de fútbol 3x3, que comezou antes do Nadal e rematou xa pasado o Entroido. Competiron dezasete equipos, distribuídos en dúas categorías: a de 1º, 2º e 3º de ESO (a Champions) e a dos restantes cursos (a Liga dos Doce Magníficos). Entre todos sumaron uns setenta futbolistas do maior nivel que hai entre os dous institutos. Hai que destacar a deportividade que predominou en case todos os encontros, case... Ás veces, houbo que recordarlle a algún as normas máis básicas: as patadas deben ir dirixidas ao balón, non se insulta, etc, etc... Outro aspecto que convén destacar é a corrección coa que se portou o público. A media de asistencia estivo entre corenta e cincuenta espectadores/as por partido e, aquí veñen os parabéns, eran moi pouquiños os papeis e bolsas de patacas fritas, “gusanitos”,... que quedaban polo chan do ximnasio despois de cada partido. Parabéns a todos e a todas polo voso comportamento cívico.

 

Coa Barallobre Basketball Association, a BBA, pasou outro tanto. Quitando algunhas individualidades que aínda non aprenderon a xogar ao baloncesto, o ambiente dos partidos foi bastante cordial e o comportamento do público exemplar, sobre todo despois de explicarlles que unhas cousas de chapa metálica, grises, de forma cilíndrica e cunha abertura moi ampla na parte superior eran papeleiras (curiosamente, unha vez identificado o obxecto, todos/as coñecían a súa función). Na BBA houbo cinco equipos, que sumaban uns vinte e tantos baloncestistas, tamén do maior e do máis alto nivel que hai nos dous institutos. Sen embargo, a asistencia de espectadores foi algo menor porque rara vez superou as vinte persoas.

 

 

Minuto e resultado!!!! Perdón, clasificacións finais:

 

        A CHAMPIONS (1º, 2º e 3º ESO)

Tangaboys CF: 12 puntos

Exporting da proa: 6 puntos

Real Maniños: 6 puntos

Os Dinkiguinki:  6 puntos

Verzas Fútbol Club: 0 puntos

 

A LIGA DOS DOCE MAGNÍFICOS (4º ESO, ESPA, Bacharelato e Ciclos)

 

GRUPO A:

Branco e Negro Mix: 6 puntos (con mellor “golaverage”)

San Valentín “B”: 6 puntos

Samba Dream Team: 6 puntos

Como queiras: 0 puntos

 

GRUPO  B:

Estrela Coxa: 9 puntos

Bonito de Burela: 3 puntos

Centolo FC: 3 puntos

Inside Team: 3 puntos

 

 

GRUPO C:

16F876A: 6 puntos (con mellor “golaverage”)

Electromecánica: 6 puntos

Inter-Medio: 3 puntos

LRDLA: 3 puntos

 

FASE FINAL

Estrela Coxa: 6 puntos

16F876A: 3 puntos

Branco e Negro Mix: 0 puntos

 

 

CAMPIÓN ABSOLUTO

ESTRELA COXA

 

BBA

(Barallobre Basketball Association)

 

Bonito de Burela e Madeiras de Monfero Win: 8 puntos

Chámalle X: 5 puntos

Magawolf United: 4 puntos

Branco e Negro Re-Mix: 3 puntos

Alejandro Morado Basketball Team: 0 puntos

 

CAMPIÓN ABSOLUTO

Bonito de Burela e Madeiras de Monfero Win