Articles

Extraescolares - Sub Categories

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016/2017

Queridas Familias,

Poñémos a disposición de todos a oferta de Actividades Extraescolares para o curso 2016/2017, para que de este modo podades planificarvos de cara ao vindeiro curso. Esperamos que sexan do voso agrado.

NOVIDADES: BABY BASQUET (Educación Infantil) NENOOS (Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria)

INSCRIPCIÓNS ANTES DO 30 DE XUÑO

SEMIFINAIS DE COPA DIPUTACIÓN

ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - CARMELITAS VEDRUNA : 41-57

As nosa bombillas brillaron con luz moi moi brillante !!!!

Neste domingo 12 de xuño , as nosas rapazas do alevín feminino puxéronlle o broche de ouro a unha temporada moi boa , coa participación na semifinal da Copa Diputación.

Neste encontro , lonxe de baixar os brazos ante un equipo a priori superior , loitaron desde o primeiro minuto atao derradeiro , dando o 110 %do que levan dentro e o 120 % do que traballamos ao longo da tempada. Este foi o segredo para  acabar perdendo por 41-57 , cando na primeira volta perderamos contra eles por 58-7. Acadar 34 puntos mais e encaixar un punto menos ante un rival que competiu a metade da tempada en Liga Galega supón un grande éxito para as nosas rapazas.

Unha derrota con gran sabor a victoria, sabor a victoria por : 

1. A mellora colectiva das nosas bombillas, basada na mellora individual de cada unha.

2. A mellora das xogadoras incorporadas este ano , sendo capaces de axudar ás mais veteranas a competir fronte equipos de primeiro nivel. 

3. A capacidade das nosas rapazas de entender que a diferenza entre un Obxetivo e un Desexo, radica no Compromiso.

4. A disposición das nosas rapazas para levantarse despois dalgunha caída sufrida ó longo da tempada e seguir loitando por un Obxetivo , sen Excusas.

5. A disposición do equipo para conseguir o difícil e intentar o imposible.

Esta tempada debería supor para todaselas unha enorme clase de nove mesesde duración , na que a principal ensinanza está en que : cando queres algo e tes un obxetivo debes de loitar con todas as forzas cada día , cada entreno, cada acción de xogo de cada partido para acadalo. As excusas e disculpas, supoñen unha limitación á hora de acadar este obxetivo.

VAMOS EQUIPO , VAMOS CLUB DEPORDIMA !!!

INFANTIL FEMENINA : CODIGALCO CARMELITAS - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 74-29

    Polos antecedentes dos últimos enfrontamientos, dúas derrotas na primeira fase pechándonos o marcador, presentábase un partido moi complicado nas semifinais de Copa Diputación.

    Pese á derrota, a diferencia existente entre os dous equipos acortouse moitísimo e sen facer un bo partido, en moitas fases do encontro competimos perfectamente cun equipo no que as súas xogadoras mais importantes e que marcan a diferenza son todas de segundo ano.

    Despois de realizar un final de tempada fantástico, de clasificarnos contra todo pronóstico en semifinais de Copa Diputación, afrontamos este partido con moita ilusión e con gañas de facelo moi ben. Os nervios ó principio do partido xogáronnos unha mala pasada e o equipo rival aproveitouno para coller unha vantaxe importante que non nos permitiu estar mais preto no marcador.

    As sensacións , de todos xeitos, son moi positivas, rematamos unha excelente tempada, na que cun equipo de rapazas de primeiro ano conseguimos clasificarnos para xogar no grupo dos mellores, e chegar a disputar as semifinais de Copa Diputación, polo que podemos calificar a tempada de moi boa, e nos da moita forza e ilusión para afrontar con garantías de competir o próximo ano con todos os equipos.

    NORABOA GUERREIRAS , VAMOS CLUB DEPORDIMA.

 

!! 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BLANCO AMOR : 12-62

Partido sen moita historia xa desde o principio. Os rivais, recientemente clasificados en tre os 8 mellores equipos de Galicia na nosa categoría , comezaron xogando un moi bo baloncesto e anotando canastas a campo aberto. O resto do partido foi unha boa aprendizaxe de cara ós próximos anos , nos que os nosos nenos serán moito mais competitivos.

Ata aquí chegou a nosa tempada, unha tempada realmente boa, tanto en resultados coma en sensacións, sabendo coa materia prima coa qué contabamos. Un equipo con cinco benxamíns , chegando a clasificarse entre os 8 mellores equipos de Ourense e gañando tres partidos nesta última fase. 

Pouco mais se podía pedir e moito menos imaxinalo a principios de ano.

Moitas grazas pola vosa implicación. A seguir medrando.

BENXAMÍN MIXTO : DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - MARISTAS OURENSE  :41-75

Rematou a tempada para os mais cativos , que caeron esta pasada fin de semana contra o equipo de Maristas , en oitavos de final da Copa Diputación de Ourense.

Loitaron moi ben os nosos peques contra un equipo moi superior fisicamnente , e a pesar da derrota , queda o bo sabor de boca ao ver como melloraron cada un dos nosos ó longo de toda a tempada. 

Tanto individual coma colectivamente , felicitar a todos polo seu esforzo e animalos a seguir moito tempo ca misma ilusión.

Parabéns ó equipo de Maristas.

ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN- PABELLÓN OU. / MARISTAS

¡¡ STEP BY STEP !!

Pasiño a pasiño as nosas bombillas van completando etapas. Tras acadar unha excelente clasificación na liga zonal, esta semana tocou loitar por conseguir novos obxetivos.

O mércores xogabamos o partido de oitavos de final contra Pabellón Ourense na nosa casa. Unha victoria daríanos o pase os cuartos de final.

A pesar de xogar un partido con moitos altibaixos , ó final as nosas bombillas conseguiron alumear ao nivel suficiente para acadar a victoria.

O sábado pola tarde na pista de Carmelitas xogabamos por pasar a semifinais ante un rival moi competitivo  e exixente que nos obrigou a empregarnos ó máximo para poder acadar a victoria. Como en outras ocasións tocou botar man de todo o noso repertorio para poder gañar nun final axustado.

Pero como xa sabemos ben , a diferenza entre un DESEXO e un OBXETIVO  radica no noso COMPROMISO e en eso hai poucas bombillas no universo que alumeen coma as nosas.

¡¡¡ VAMOS EQUIPO !!!

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BLANCO AMOR : 58-37

    Pese a gañar os dous anteriores partidos do noso grupo ante Monforte e contra Allariz , unha derrota supuña o quedar fóra das semifinais de Copa Diputación. Por iso que o partido afrontámolo como se fose unha final , xa que era unha oportunidade moi boa e non podíamola deixar escapar.

    Ó principio do partido, os nervios  fixeron que non puideramos desenrolar o nosos xogo e aínda que en defensa estabamos moi ben , en ataque costounos moito entrar no partido. Pese a isto o partido estaba igualado e co paso dos minutos os nervios foron desaparecendo e o equipo comezou a funcionar. No descanso o marcador reflexaba un inquedante 26-21 ó noso favor. 

    No descanso a chegada de Icía ,ca cual non contabamos xa que estivera na cama con placas na garganta os días anteriores,supuxo o pulo que necesitabamos e a partir dese intre o equipo funcionou como nos derradeiros encontros e pouco a pouco o partido foise aclarando ó noso favor, ata chegar o 58-37 final, co que acadábamos o pase as semifinais, todo un éxito para o noso equipo, tendo en conta que 10 das xogadoras son de primeiro ano e unha é alevín.

    Agora a disfrutar do partido de semifinais, todo un premio para nós, contra un rival superior, no que intentaremos facelo o mellor posible.

 

NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS DO NOSO CLUBE

BENXAMÍN MIXTO : SAN JOSÉ PABELLÓN FEMININO - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 39-51

    Gran victoria dos nosos xogadores do equipo benxamín no partido disputado na nosa casa. Neste derradeiro partido de liga os nosos peques marcaron distancias desde o inicio cun moi bo primeiro cuarto.

    A partir de ahí o conxunto rival comezou a apretar , pero os nosos souberon retomar o ritmo do partido e non ceder nunca no marcador.

    Vimos pois, un encontro moi completo, baseado nos pases , na defensa en equipo e no atrevemento de todos de tirar a canasta e sumar puntos.

    Noraboa pola victoria e a seguir traballando.

ALEVÍN MASCULINO : ABO OURENSE - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 58-60

     Partido correspondente á última xornada de liga disputado o pasado sábado na pista do I.E.S. Otero Pedraio.

     O lastre acarrexado nos dous primeiros cuartos, 12 puntos abaixo no marcador , pronto se recuperou no terceiro período ao obter un parcial de 3-19.

     Ao voltar do descanso , a vantaxe seguiu aumentando , 5 puntos mais , sen embargo os locais conseguiron darlle a volta e porse por diante no marcador no último cuarto, situación que non supuxo un problema para os nosos xogadores , que souberon remontar os puntos necesarios para gañar o partido.

    A liga rematou e agora agardamos o primeiro partido de Copa Diputación contra o equipo de Blanco Amor de Liga Galega.

INFANTIL MASCULINO : SANTA MARÍA MARISTAS - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 46-57

    Os nosos rapaces remataron a tempada oficial cunha nova victoria.

    O pasado domingo pola tarde e ante o equipo de Santa María , os nosos rapaces do infantil masculino acadaron unha nova victoria fronte a un rival da súa liga.  

    Este partido supuxo o último partido de liga e unha inmellorable forma de rematar a mesma cunha victoria por 11 puntos ante un rival que na primeira volta e no mesmo encontro, nos vencera . Esto pon de manifesto a notable melloría dos nosos pupilos que o longo da tempada foron quen de repoñerse a unha serie de duras derrotas e seguir traballando duro para mellorar , e que esta mellora os levara a unha senda de victorias ca que remataron a tempada.

    Noraboa ós rapaces pola excelente tempada e a os seus proxenitores polo seu apoio incondicional que lle prestaron para que o equipo fose a mais durante a mesma.

    VAMOS EQUIPO !!!! 

 

DERRADEIROS PARTIDOS DAS DISTINTAS LIGAS PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - CB ALLARIZ FEMENINO : 36-79

Nova derrota para os nosos peques e de novo fronte a un rival moi superior e de gran calidade o CB Allariz Femenino, que tan só perdeu un partido en toda a tempada.

Os nosos benxamíns souberon aguantar moi ben o primeiro cuarto,manténdose cerca no marcador, pero a partir de ahí o partido non tivo historia e foi dominado totalmente polo equipo alaricano.  O equipo visitante mostrou a súa superioridade e rematou o encontro cun 36-79 ó seu favor.

Noraboa o equipo do CB Allariz.

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - MUEBLES VICTORIA BARCO : 42-53 (2-0)

Oxalá xogásemos sempre tan ben e coa mesma intensidade do último cuarto. Esa pode ser a conclusión de un encontro no que arrancamos durmidos e que non fumos capaces de espertar a ta o derradeiro período. 

Non parecía que o partido fora a ser tan difícil para os nosos, sen embargo, o equipo do Barco , que contaba tan só con oito xogadores , comezou moi metido no xogo , sabendo convertir en canastas cada un dos nosos numerosos erros.

O conxunto visitante pronto se despegou no marcador e fixo insuficiente o gran esforzo do último cuarto.

Pese á derrota , como o equipo visitante acudiu ó partido con tan só oito xogadores , o noso equipo consigue a victoria por un tanteo de 2-0.

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - CB ALLARIZ : 33-72

Moi boa a actitude demostrada polos nosos alevíns durante todo o partido , fronte a un rival superior. 

O partido comezou con moitas imprecisións nos dous equipos e se rematou o primeiro cuarto cun resultado axustado. Os dous seguintes períodos foron os que decidiron que o partido caese do lado dos visitantes, xa que grazas a unha forte defensa e a rápidos contraataques colleron unha ventaxa que xa non puidemos recortar.

Os tres cuartos da segunda parte foron moi igualados e o nosos equipo demostrou que sabe facer moi ben as cousas contra rivais superiores e que non se rinde nunca ata o pitido final.

Boas sensacións as que deixa o noso equipo alevín masculino , tendo en conta que xoga todos os seus encontros con cinco xogadores en idade benxamín.

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - BLANCO AMOR COOLSPORT : 39-77 

Segundo partido da Copa Diputación e primeira derrota nesta fase, ante o mellor equipo infantil da nosa cidade. 

Enfrontabámonos ó quinto clasificado da Liga Galega e que vai xogar para clasificarse por unha plaza para disputar o Campionato de España.

Os nosos infantís deron a cara dunha maneira fantástica , ata o punto de anotar 39 puntos fronte o rival mais complicado cheo de xogadores moi experimentados.

A diferenza notouse dende o inicio do partido , pero loitouse ata o final todo o que se puido.

A próxima semán rematamos a tempada contra outro equipo semellante en nivel ó noso.Esperamos rematar o ano cunha nova victoria.

INFANTIL FEMININO : VAL DE LEMOS MONFORTE - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 16-35

Extraño partido o disputado na tarde do sábado en terras monfortinas. O equipo viña dunha importante victoria nun partido con moita intensidade a fin de semana anterior , e caer na relaxación era o mais doado neste partido. E así sucedeu, na primeira parte do partido non fumos fieis ó noso estilo e o equipo rival mantívose preto no marcador. 

Todo cambiou despois do descanso, a actitude do equipo mudou por completo e comezamos a coller vantaxes importantes no marcador que propiciaron unha cómoda victoria.

Hai que destacar que xogamos sen marcador electrónico e en moitas fases do partido o oficial de mesa non parou o crono polo que o partido non durou os 40 minutos de tempo real.

A vindeira semana o equipo disputará o último partido desta Copa Diputación e de conseguir a victoria , sería a terceira noutros tantos partidos, clasificaríamonos para as semifinais desta competición.

 

 

 

 

1ª XORNADA DE COPA DIPUTACIÓN PARA OS NOSOS EQUIPOS INFANTÍS

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - VAL DE LEMOS MONFORTE : 82-65

A tarde do sábado foi moi productiva para os intereses do nosos clube , xa que despois da gran victoria das nosas infantís sobre o equipo de Allariz, a continuación xogaban os nosos infantís masculinos e tampouco nos defraudaron, xa que acadaron unha nova victoria.

Pintaba un partido sinxelo , polos antecedentes dos dous enfrentamentos de liga e por como comezou o partido, cun parcial de 14-4. Pero nada mais lonxe da realidade , xa que o equipo visitante,ao que se lle notou unha grande melloría , poríase moi cerca no marcador, incluso nalgún intre , poñéndose por diante no electrónico.

No útimo cuarto , un arreón dos nosos , levounos a obter un moi bo parcial , que nos aseguraría a victoria polos 17 puntos de marxe final.

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - C.B. ALLARIZ VERDE : 55-54

As nosas guerreiras cada semana que pasa demostran o competitivas que son, que non se rinden ante ningún rival , e que con actitude e o traballo diario pódense conseguir moitas cousas.

O partido presentábase moi complicado ante un rival que nos vencera nos dous anteriores encontros, por 37 e por 19 puntos. As sensacións eran moi boas xa que o equipo estaba a traballar moi ben nas últimas semanas e no último partido pese a diferenza final , competiramos moi ben contra o equipo alaricano.

A medida que pasaban os minutos , e despois de rematar o primeiro cuarto igualados no marcador, o noso equipo comezaba a crer que se podía gañar o partido ou que polo menos , podía ser igualado ata o final. 

O dominio do rebote nas dúas zonas e a forte defensa das nosas xogadoras , sobre todo parando ás súas referencias ofensivas, provocaba que o partido seguise igualado e incluso que nos fóramos ó descanso 5 puntos por diante, 27-22.

Despois do descanso o equipo rival endureceu a súa defensa e grazas a permisividade arbitral, ata ese momento nos tiñamos 13 faltas e elas tan só tres , puxéronse por diante no marcador, pero as nosas guerreiras, non se puxeron nerviosas e seguiron traballando, para que as diferenzas non creceran demasiado. 

Así se chegou a un final moi apretado na que calquer equipo puido conseguir a victoria, pero ó final chegamos a unha intensa e incrible prórroga, na que a falta de 90 segundos e con Claudia, Lara e Alba eliminadas por 5 faltas, estabamos cinco puntos abaixo. Pero de novo as rapazas non se rendiron e cunha actitude envidiable, conseguimos un parcial de 6-0 e logramos unha merecidísima e traballada victoria.

Agradecer o grandísimo partido de todas as xogadoras que nunca se deron por vencidas e por suposto ó público, que non deixou de animarnos en todo o partido.

 

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

ALEVÍN MASCULINO : BOSCO SALESIANOS-DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 87-37

    O partido disputado o pasado sábado na pista de Salesianos , saldouse cunha clara victoria para os locais. Aínda así , os nosos xogadores deron moita guerra e mantivéronse no partido os dous primeiros sextos , grazas ó acerto exterior do noso equipo.

    A partir dese momento , o equipo local apretou e despegouse no marcador ata pechar o encontro no quinto sexto do partido. Pero sabendo previamente a diferenza existente entre os dous equipos , debémonos quedar ca boa imaxe dada nos primeiros sextos do partido. 

 INFANTIL MASCULINO : A.B.O. OURENSE - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 34-50

    Con este partido o equipo infantil masculino remata a súa participación na liga 2015-16, rematando a mesma con moi boas sensacións e gañando nesta derradeira fase varios partidos. 

    Foi un partido complicado, a pesares do que o marcador dos parciais durante o partido non o indique. Foi un partido duro, con moitos erros no tiro por parte dos nosos. 

    O partido comezou de cara cun bo parcial , que soubemos manter durante todo o encontro , aínda que nos houbese gustado ampliar esa vantaxe algo mais. 

    A próxima semán comeza a Copa Diputación na que o noso equipo disputará os seus tres últimos partidos da tempada e esperamos rematala deixando unha boa imaxe, a mesma mostrada nas últimas semán.

BENXAMÍN MIXTO : CARMELITAS 2006 FEMININO-DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 66-15

    Dura derrota a sufrida polos nosos peques nesta xornada, a derradeira do mes de abril. Enfronte, un moi bo rival , un equipo con moita calidade e seis difíciles cuartos para afrontar.

    Desde o inicio , cun parcial de 10-0 nos primeiros minutos , o partido semellou non ter demasiada historia . Os nosos rapaces sufrían moito para pasar o balón de medio campo e o rival non nos daba tregua.

    Finalmente , os peques do nosos equipo aguantaros estoicamente ata o quinto cuarto , no que o rival conseguiu pechar o marcador , 66-15 na nosa contra.

ALEVÍN FEMENINO : ALLARIZ BRANCO-DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN : 71-58 

    Solo hay una cosa que puedes empezar por arriba y es cavar un hoyo , que puede resultar siendo tu popia tumba. Pero esto puede ser así en la vida y en el deporte.

    Con esta contundente frase podríamos resumir el desempeño de casi tod@s los miembros del equipo Alevín Femenino , el pasado fin de semana en Allariz.

    Lo que diferencia un DESEO de un OBJETIVO es el COMPROMISO . Todo éxito empieza en los pensamientos que tenemos en nuestro cerebro. Si realmente sabemos lo que queremos y nos concentramos en ello (OBJETIVOS) nuestra mente no despilfarrará energía en otras direcciones. El compromiso con nuestros OBJETIVOS nos hará ser constantes y trabajar duro para lograr los mismos.

    Un OBJETIVO GRUPAL deja de serlo cuando no es compartido por todos los miembros del equipo y parte de esos despilfarran energías intentando desprestigiar a miembros del grupo, en vez de esforzarse en entrenar duro para mejorar personalmente y que esta mejora personal , lleve a la mejora grupal.

    Estamos a tiempo de corregir el rumbo y luchar , esforzarnos en trabajar , entrenar y mejorar individual (sobre todo individualmente) para que esta mejora se traduzca en una mejora grupal. Si no lo hacemos no lograremos nuestros OBJETIVOS. Pero esto es así en el Deporte y en la Vida misma. Si no me esfuerzo , trabajo duro me preparo , entreno día a día , no podré conseguir mis OBJETIVOS INDIVIDUALES ni GRUPALES.

    Debemos saber lo que queremos , fijarnos Objetivos que nos interesen , dado que nuestra mente se concentra en lo que le interesa , y empezar a vivir de nuestra imaginación y no de nuestros recuerdos.

    VAMOS EQUIPO!!!! 

 

 

 

NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Fin de semana perfecto para os nosos equipos , xa que todos conseguiron vencer os seus encontros.

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - A.B.O. OURENSE : 63-62

    Este fin de semana produciuse a primeira victoria dos nosos alevíns nesta terceira e derradeira fase da competición. Tardou en chegar, pero ó final , obtivémola fronte a un A.B.O. que loitou ata o final do encontro. 

    Os nosos mostráronse moi competitivos durante todo o encontro , mantendo sempre unhas boas rentas na primeira metade , que o equipo contrario soubo reducir na segunda parte do partido. 

    Ó final un punto arriba para os nosos , que encaran con optimismo estas derradeiras semanas de competición. 

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - SANTA MARÍA : 74-33

    E chegou a cuarta victoria!!!!! 

    O equipo infantil continua cá súa racha de victorias e cunha mais que notable milloría no seu xogo e na súa competitividade. 

    Xa dende o primeiro cuarto viuse unha grande superioridade sobre o equipo rival , obtendo un parcial de 30-15. Por fin , fomos capaces non só de manter unha vantaxe no marcador , se non incluso aumentala , cousa que non conseguimos durante todo o ano.

    Ó remate unha diferenza de 40 puntos , dalle ó equipo, a victria mais abultada da nosa pequena historia.

BENXAMÍN MIXTO : C.B. XUVENTUDE DE VERÍN - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 32-33

    Emocionante e intrépido partido o dos nosos pequenos nesta última fin de semana. 

    Ata Xinzo de Limia marchou a nosa expedición que se enfrentería ó equipo de Verín. 

    O encontro transcurriu moi igualado de principio a fin , alternándose a ventaxa do marcador entre ambos conxuntos. Parecía que todo se ía disputar no derradeiro encontro , e así foi. A falta dun minuto para rematar , o noso equipo perdía por dous puntos , pero ó final a loita , esforzo 

e traballo de todos , deu a súa recompensa cun tiro libre e unha canasta , que nos darían a victoria , por tan só un punto , pero sobre todo e o mais importante e ver a ledicia dos nosos peques , que rotando todos no último cuarto , souberon pór cada un o seu graniño para a victoria final.

    Noraboa ós nosos peques pola victoria e tamén ó equipo contrario . que deu mostra do mesmo esforzo , tesón . traballo e deportividade. Sin dúbida un gran rival e gran equipo.

ALEVÍN FEMININO : A.B. EIDOEMPRESA XINZO - DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN : 45-73

    Tras un comezo de encontro moi dubitativo . as nosas bombillas volveron a deslumbrar no pavillón municipal de Xinzo o pasado domingo pola mañá. 

    Unha cuestión de ACTITUDE foi a que nos permitiu superar no electrónico a un bo e rápido e equipo rival , que na primeira fase nos privara de poder loitar no grupo de clasificación para a disputa da Liga Galega. 

    Esta victoria ademais permítenos acadar de forma definitiva  o primeiro posto da clasificación da liga zonal ,a falta da disputa da última xornada. 

    Vamos equipo !!!!!

INFANTIL FEMININO : BOSCO SALESIANOS - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 40-52

    As nosas guerreiras do equipo infantil feminino disputaron na tarde do sábado o derradeiro partido  da liga zonal , contra o equipo de Salesianos.

    Moi motivadas por acadar un resultado positivo e poder adicarllo ó seu adestrador quen non puido asistir o encontro polo nacemento de Chloe,  a  nena que ven a completar a súa parella de fillo. Saíron á pista a loitar pola victoria que con grande esforzo e sacrificio colectivo , acadaron por 12 puntos de diferencia no electrónico 

    Esta victoria adícanlla a David , o seu adestrador , e a súa familia polo nacemento de Chloe. 

 


NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

BENXAMÍN MIXTO : DIVINO MAESTRO FRIAVANSO - PADRE FEIJOO PABELLÓN OURENSE : 30-52

A pasada fin de semana enfrentabámonos contra un difícil rival , na categoría benxamín. 

Dende os primeiros minutos , o equipo contrario pareceu levar o compás do encontro , superando con facilidade a nosa defensa na primeira metade do campo. Pese ás dificultades, os nosos pequenos , souberon plantarlle cara, pelexando cada rebote e aproveitando as contras que se presentaban. 

Sen embargo , a dureza no xogo do equipo contrario , impediunos achegarnos no marcador , rematando o encontro cun claro 30-52 a favor dos visistantes.

Noraboa ó Padre Feijoo Pabellón Ourense, pola súa victoria.

 ALEVÍN FEMININO : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - PABELLÓN OURENSE : 49-41

Nesta fin de semana volvemos a disputar o encontro da xornada contra o equipo do Pabellón Ourense , que acudiu a nosa pista , mermado polas  baixas de algunhas xogadora. 

O mesmo tempo o noso equipo tamén sufriu certos problemas de desconexión dalgunha das nosas bombillas , Clara, Lucía Cid e incluso Aitana , arrastraron durante toda a semana e o fin de semana , problemas físicos , que no caso das dúas primeiras , impedíulles xogar o encontro , e no caso da última , obligárona a xogar mermada das súas cualidades lumínicas , non podendo brilar a 30.000 voltios. 

Aínda con todo e con algúns problemas de iluminación , o resto das nosas bombillas conseguiron desprender un haz lumínico que con creces superou os 30.000 voltios , e permitiunos compensar os momentaneos apagóns das compañeiras mermadas fisicamente. 

Ser un equipo implica estar preparadas para dar o 110 %  de un mesmo , cando algunha compañeira non pode aportar o que se espera de ela.

VAMOS EQUIPO !!!

ALEVÍN MASCULINO : ALLARIZ - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 72-22

O partido dos nosos alevíns, volveu a ser un partido bastante descompensado dende o principio e xa nos primeiros cuartos, o equipo rival colleu unha ventaxa moi importante.

Os nosos xogadores víronse superados por un moi bo conxunto , con talentos individuais, pero no que se impón o xogo colectivo. 

O partido foi algo mellor có da última semana, en canto a actitude derefire , polo tanto. non todo son malas sensacións.

A vindeira semán , recibimos a un equipo en principio , mais acorde ó noso nivel , e no que intentaremos acadar a victoria para cambiar a dinámica.

INFANTIL MASCULINO : VAL DE LEMOS MONFORTE - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 51-72

Chegou a terceira victoria para on nosos rapaces do equipo infantil masculino .

O partido comezou dun xeito moi apretado , sendo os nosos rapaces os que collían as primeiras vantaxes no electrónico , pero sin despegarse moito.

Ó descanso chegamos cun marcador favorable de 28-38.

No segundo tempo a cousa decantouse mais ó noso favor , chegando a alcanzar unha ventaxa de 30 puntos. 

Xa tan só quedan dous partidos de liga e nos dous temos serias opcións de continuar a boa racha.

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - ALLARIZ : 39-58

De novo, un partido moi moi bo das nosas guerreiras. Chegamos a este partido mermados polas baixas de 5 xogadoras, polo que acudimos con tan só 7 xogadoras. Pero o certo é que as que estiveron, pelexaron moitísimo e acadaron un resultado final moi meritorio

O partido comezou moi igualado , con alternancias no marcador, pero a medida que o partido avanzaba, as alaricanas, pouco a pouco se escapaban no electrónico. Pero as nosas nunca lle perderon a cara o partido , e as diferencias mantíanse ó redor dos 15 puntos.

Un arreón nos derradeiros minutos do encontro e grazas a un parcial de 10-2, metímoslle o medo no corpo e puxémonos a 8 puntos , pero tres errores impropios dun equipo como o noso , fixeron que a vantaxe voltasea subir por encima dos 10 puntos e xa sen tempo de lograr a remontada.

Moi boas sensacións as que nos deixan os derradeiros encontros que estamos a xogar , competindo magnificamente cos mellores equipos e obtendo moi bos resultado, o que nos indica que seguimos indo polo camiño correcto e que estamos a facer as cousas ben.

 

 

XIMNASIA RÍTMICA - V TORNEO INTERNACIONAL VILA DE RIBADAVIA

 

BRAVO CAMPIONAS !!!

Entre o 24 e o 26 de Marzo de 2016, celebrouse o V TORNEO INTERNACIONAL VILA DE RIBADAVIA, no cal particparon alumas do noso Centro, dende a Actividade Extraescolar de Ximnasia Rítmica, alí pasá,olo estupendamente aparte de acadar varios metais. +Info +Fotos 

Resultados:

Conxunto Benxamin B -Primeiras clasificadas
Conxunto Infantil D- Segundas clasificadas