Hoxe, un gran grupo de alumnos/as do cole asistiremos a apoiar ao C.B. Durán Maquinaria Ensino, no seu encontro contra o Al Qáceres Extremadura, que disputarán no Pazo Provincial dos Deportes en Lugo.
Xa vos informaremos de como nos foi.
ÁNIMO ENSINO!!!
Onte celebramos o día do peón no colexio, porque, como xa sabedes... "Polo San Martiño, peóns ao camiño"
Foi unha xornada moi divertida na que participaron todos os nenos/as do cole nas pistas do colexio, e na que os alumnos/as da ESO desempeñaron a función de monitores dos alumnos/as de Ed. Infantil e Ed. Primaria, e todo o mundo se atreveu a bailar os peóns,incluídos os profes, pais/nais, avós...
Aquí vos queda un vídeo-resumo do noso San Martiño 2013.
Onte pola mañá os alumnos/as de 1º, 2º, 3º, e 4º de EP tiveron a sorte de poder disfrutar dunha xornada de baloncesto, acompañados e dirixidos por grandes xogadoras do Clube de Baloncesto Ensino (Vero, Laura e Paula), polo seu adestrador, Javi Muñoz, a coordinadora das categorías inferiores do Ensino, Raquel, e a coordinadora das categorías inferiores do C.B. Sarria, Maísa.
Os nenos/as puideron achegarse un pouco máis a este deporte, coñecelo máis de preto e disfrutalo experimentando unha parte práctica.
Dende o cole queremos agradecer a vosa visita, tanto ás xogadoras, ao adestrador, ás coordinadoras...polo vosa magnífica actitude amosada cara nós e por facernos vivir un anaco de tempo tan agradable e divertido.
Queremos tamén dar as grazas ao C.B. Sarria, principal culpable de realizar esta actividade.
GRAZAS A TODOS!


