Os alumnos de 2º e 3º da ESO do colexio participaron no Programa Monumenta.
Este programa foi promovido polo Concello de Sarria e estaba destinado a difusión do patrimonio restaurado.
Dous traballos do noso centro e outro do colexio da Merced foron os seleccionados para ser presentados nun acto no convento da Magdalena o pasado domingo día 8 de xuño.
Un dos traballos é un poema con fotos feito por Laura, Clara e Nerea e o outro é un vídeo realizado por Andrea, María González, Noa e Natalia, ambos os dous grupos de 2º ESO.
Noraboa a todos os participantes e en especial aos alumnos que fixeron os traballos seleccionados.
Bo traballo!!!
No blogue de secundaria podedes ver os traballos seleccionados.
BELÉN GARAÑANA, PREMIADA NO CONCURSO LITERARIO "O NOSO LAR"
A alumna de 1º de ESO, Belén Garañana acaba de recibir un segundo premio no concurso literario infantil-xuvenil da "Fundación O NOSO LAR" de San Román de Lousada.
O tema do concurso xiraba arredor do mundo rural e a alumna recibiu o premio polo seu traballo titulado "Recordos daquel tempo" no que narra unha historia de emigración a Cuba.
Felicitamos a Belén polo seu premio e pola calidade do seu traballo, ao tempo que a animamos a seguir participando neste tipo de actividades.



Hoxe conmemórase o Día do libro infantil e xuvenil!!!
Pode ser unha boa ocasión para lembrar contos e libros que nos gustaran na nosa infancia.
Celebrade o día cunha boa lectura!!!
E se premedes na imaxe podedes ver un enlace moi interesante.
Os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron o día 23 de setembro a un curso de resucitación cardiopulmonar impartido por unha especialista do 061. Os alumnos tiveron unha parte teórica e outra práctica. Na parte práctica simularon cun maniquí as manobras de soporte vital que se deben facer a unha persoa inconsciente ata a chegada de axuda cualificada.
O día un de febreiro, os alumnos de ESO xunto cos seus profesores acudiron a Lugo para asistir á obra de teatro "Tres sombreros de copa" de Miguel Mihura.
A representación tivo lugar no Auditorio "Gustavo Freire" e a posta en escea levárona a cabo actores da compañía "Recursos"
A actividade resultou moi positiva e enriquecedora, ao tempo que salientamos o interese e bo comportamento dos alumnos.
Por fin, tedes as fotos!

Hoxe recibimos a visita no colexio do escritor Marcos Calveiro, que nos deu unha interesante charla sobre o seu libro "O pintor do sombreiro de malvas". Asistiron os alumnos de 2º de ESO, que acaban de ler a obra mencionada, e os de 6º de EP, que están a ler "Palabras de auga". Ó final, o autor asinou o libro a todos os que quixeron.
O Concurso de Relato Curto Trapero Pardo convocado polo Concello de Lugo tivo dous gañadores que son compañeiros nosos: Javier Díaz que gañou o segundo premio da súa categoría e Sofía Valiña que gañou o terceiro. Acompañados polos pais e profesores do colexio asistiron a recoller o seu premio como podemos ver nas fotos.
Os xornais publicaron a noticia e incluso podemos ver tamén un pequeno vídeo publicado en La Voz De Galicia
Os alumnos de 3º e 4º da ESO viaxaron a Santiago de Compostela o día 21 para visitar a Televisión de Galicia, o Parlamento e falar con pelegríns e empregar os coñecementos adquiridos sobre o arte románico.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO viaxaron a Santiago de Compostela o día 21 para visitar a Televisión de Galicia, o Parlamento e falar con pelegríns e empregar os coñecementos adquiridos sobre o arte románico.
Alumnos de ESO.
Para entrar ao blogue de galego, premede aquí
Para ver o noso proxecto de Seccións Bilingües preme eiquí.
unidade V: