Mier, 30/01/2013 - 00:00 —ruth
Hoxe celebramos o día da Paz. Fixemos distintas actividades como decorar o colexio con debuxos alusivos ás boas accións, mentres cantamos a canción "Color esperanza". Aquí tedes as fotos desta xornada.
O día escolar da Paz foi declarado por primeira vez en 1964. É a consecuencia dunha iniciativa independente e voluntaria de educación non violenta e pacificadora do profesor Lloren Vidal. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia e ó repecto aos dereitos humanos. Neste día os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre as persoas.
Déixovos unhas frases para reflexionar
"No hay camino para la paz, la paz es el camino". (Mahatma Gandhi )
"La paz exige 4 condiciones esenciales: Verdad, Amor, Justicia y libertad". (Juan Pablo II)