Hoxe celebramos no noso centro o "Día da bici".
Os alumnos de EI trouxemos as nosas bicicletas postas a punto para poder desfrutar delas polo patio do colexio.
O resto de alumnos do colexio, acompañados dos nosos profes e algúns papás, fixemos unha rota moi divertida polas rúas da nosa vila, para rematar xantando todos xuntos no parque do Chanto.
Foi un día moi divertido!!!