Voltamos a estar de noraboa!!!
O noso alumno Izan Vila Torres de 4 anos foi un dos premiados no concurso de tarxetas de Nadal organizado por "La Voz de la Verdad".
Onte, martes 12 de xaneiro, acudiu a recoller o seu galardón a dita librería en Lugo.
Foi unha entrega de premios moi divertida acompañada dun espectáculo de maxia.
Ben feito Izan!!!
Aquí tendes algunha das fotos da entrega de premios, o diploma e a preciosa tarxeta de Izan.
