Do 14 de febreiro ata o 21 de febreiro estará aberto o prazo para matricularse nos exames de Trinity ou Cambridge. Como sabedes, levamos once anos sendo centro examinador Trinity, e dende o pasado curso entramos a formar parte do National Schools Project e tamén somos centro preparador Cambridge, polo que tedes a posibilidade de elexir entre os dous. Por iso, deixamos aquí enlaces con información para que vos decidades polo que máis vos interese, e tamén dous enlaces de normativa para o exame Cambridge. En portería tedes toda a documentación necesaria, e os profesores de inglés están á vosa disposición para aclarar calquera cuestión que vos xurda. Non dubidedes en pasar polo centro e preguntar todo o que queirades.
Cambridge (young learners)
Cambridge (KET for schools)
Cambridge (PET for schools)
Cambridge (FIRST for schools)