O venres 29 de abril, os alumnos de Asuntillos de 5º e 6º de EP
participaron na caza do tesouro de Manuel María.
A actividade consistiu en ir acadando todas as pistas que os
monitores prepararon e que estaban escondidas por todo o recinto escolar.
Foi unha actividade moi divertida e os alumnos ademais de pasalo
xenial, coñeceron aspectos da vida e obra do autor homenaxeado este ano no
Día das Letras Galegas.
Ao final, todos recibiron un diploma e as dúas parellas
que quedaron no primeiro e segundo posto, recibiron como
agasallo cadanseu libro.