O pasado 21 de maio levouse a cabo a
actividade de Asuntillos Música cos alumnos de 3º e 4º de EP.
En primeiro lugar os profesores que
impartiron a actividade deron un breve
concerto de piano e contrabaixo, interpretando 3 pezas de distintos estilos. Os
alumnos escoitaron con moita atención e interese.
Logo presentáronse diferentes
instrumentos de percusión, de sonido determinado e indeterminado. Tamén a
guitarra clásica española, guitarra eléctrica, a frauta traveseira.
Primeiro os profesores e os monitores
interpretaron breves pezas nos distintos instrumentos e posteriormente os
alumnos tocaron os diferentes instrumentos. os
Posteriormente os alumnos e profesores
cantaron cancións populares.
Para rematar foron premiados os alumnos
que mellor interpretación fixeron cos instrumentos musicais.
A actividade foi do agrado dos alumnos e
tamén dos monitores e profesores.