O xoves, 10 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º EP visitaron o supermercado para realizar a actividade "visita o teu super". Os nenos e nenas coñeceron aspectos relacionados coa organización das seccións e cos productos existentes nelas, así como hábitos saudables, normas de seguridade no traballo e mesmo os beneficios de comer peixe.
Despois dun refrixerio saudable tiveron que empregar os sentidos para identificar froitas autóctonas e tropicais.