Nos vindeiros días comezaremos a campaña de
“Mans Unidas” co lema
“Non hai xustiza sen igualdade”. Como cada ano, o noso colexio desexa solidarizarse cos máis necesitados. O obxectivo é concienciar a toda a Comunidade Educativa seguindo a Campaña deste curso: denunciar as graves discriminacións que sofren as mulleres en temas como a asistencia sanitaria e a alimentación. Toda a recadación da nosa solidaridade
destinarase aos proxectos que financia a delegación de Mans Unidas de Lugo. Con este motivo,convidámosvos a acompañarnos na participación, non só coa vosa aportación senón tamén, como cada ano na
“Operación Bocata” que celebraremos
o luns, 4 de febreiro.
Os alumnos e profesores, de xeito voluntario, dende 1º de Primaria ata 4º de ESO, xantaremos un bocadillo nas instalacións do centro. Se algún de vós desexa acercase a participar nesta actividade, estades todos convidados. Os que queirades vir, comunicádeo aos titores.
O “Ticket” para o bocata pódese adquirir na secretaría do colexio, rematando o prazo, o mércores 30 pola mañá.
Deixemos que o noso corazón se commova un pouco e tamén o noso peto. Hai moitos máis necesitados ca nós!. Agradecemos de antemán a vosa colaboración e que Deus vos premie o voso esforzo.