O "Grupo Asuntillos" percorre un pequeno tramo do "Camiño de Santiago"
O obxectivo desta actividade era descubrir o Camiño de Santiago, pero a mañá deu moito de si e houbo tempo para:
Camiñar, iniciarse no coñecemento da arquitectura, aprender algo sobre a vía do tren, facer sendeirismo, desfrutar da natureza, xogar cos compañeiros, falar cos peregrinos, coñecer as terras de Barbadelo e a súa igrexa, pedirlle algún desexo a Santiago de Barbadelo, tomar as once para coller folgos, facer o cuestionario e ... para fotografiarnos.
Voltamos cansos...moi cansos, pero non nos fixo falta "coche escoba" para recollernos!
Pasámolo moi ben!

Comezamos a camiñata coa:
Oración do peregrino e a lectura do poema de Machado
"Caminante no hay camino
se hace camino al andar..."

Comezamos e empinada costa da Mercede, pero....
" A Santiago vou lixeiri...ño ca...miñando, ..."

Parada diante do Mosteiro da Magdalena para que o noso guía Martin nos fale do "Camiño"

Ponte da Áspera:
Ponte romana sobre o río Celeiro, construída con trozos de pizarra e os arcos de granito, que fala do paso dos romanos por Sarria, aló polos séculos XIII e XIV.
"Mochila ás costas e paso lixeiro! A este grupo non lle faltan folgos!

Atravesando o regato polo pontixo de madeira, para comezar a subida cara Barbadelo!

Tomando alento, despois da subida do souto!

Adentrándonos nas terras de Barbadelo!

Unha iniciación a arte románica e tempo para a oración!

No podía faltar a foto da fermosa fachada, co seu arco de medio punto!

Tomando as once! Hai que repoñer forzas para coller o camiño de volta!

Pequeno descanso diante da fermosa fachada do Mosteiro da Magdalena!

Como non chegamos a Santiago, no lugar da "Compostelana" acadamos un diploma!
A compostelana non tardará en chegar!
Isto foi o comezo!