Viaxe Francia 5º día

5º DÍA: CLASE DE FRANCÉS E PATINAXE SOBRE XEO



Hoxe, houbo clase e dividíronnos en dous grupos para traballar con alumnos franceses. Gustounos moito esta actividade!

Tamén aproveitamos que os alumnos franceses estean no recreo, que teñen máis ca nós, para comunicarnos con eles.

Despois de xantar, dirixímonos ao pavillon de xeo para patinar. Axiña perdemos o medo e botámonos à pista. Houbo algunha caída, pero sen problema.

A nosa profesora, ao pé de pista, encargouse de facer a reportaxe fotográfica, para amosarvos os nosos progresos.

Ao acabar esta actividade, un grupo quedámonos no pavillón para ver un partido de “ Hockey”. Como xogaban! Outro grupo preferiu seguir facendo turismo polo pobo.

Despois da cea, unha 

pequena representación teatral preparada por nós coa axuda dos monitores.

Tamén houbo tempo de lecer antes de durmir!


Mañá haberá máis novas!

Podedes seguir as súas andanzas diarias no apartado "Apartado Extraescolares"