Viaxe Francia Venres 12 de Abril

6º DÍA: VISITA A CHAMONIX E DEPORTE POLA TARDE

 

O  venres pola mañá, dirixímonos a Chamonix, para visitar esta fermosa vila e tendo como obxectivo ver o pico máis alto de Europa. 


Á media mañá, cando o día despexou por un intre, conseguimos ver o Mont-Blanc. 

Despois das explicacions da nosa guía houbo tempo para compras.

Ao acabar de xantar,
voltamos a Saint Gervais, para reunirnos cos alumnos franceses nunha tarde deportiva.

Non puidemos facer
fotos, pola Lei de protección de datos.

        

Despois da cea, nunha sala do colexio, levouse a cabo a sesión de “Disco” na que tamén participaron os alumnos do centro francés.

Nesta festa, fomentáronse as relacións  e as amizades entre os alumnos dos tres centros educativos da Asunción: Saint Gervais, Ponferrada e Sarria.

         Mañá será o día da despedida!