Graduación alumnos de 4º de ESO

FESTA DE GRADUACIÓN DOS ALUMNOS DE  DE ESO!   

   O día dezaoito pola tarde, tivo
lugar no colexio a despedida dos alumnos de 4º de ESO coa asistencia das súas
familias, relixiosas,
 profesorado e Pas, así como dunha representación da ANPA.

    Comezouse a festa cunha
Eucaristía na Igrexa do Rosario, para continuar cun acto académico nas
instalacións do centro.

   En primeiro lugar, o director
dirixiuse aos alumnos cunha emotiva alocución, ao tempo que lles desexaba
moitos éxitos  na súa nova etapa.

   A continuación, dúas alumnas en
representación do grupo amosaron o seu agradecemento polo recibido nestes trece
anos.

   De seguido, proxectouse unha
"PowerPoint" recollendo as imaxes máis representativas da súa
escolaridade.

   Continuouse coa imposición das "Becas" e
a entrega duns significativos agasallos do centro e da ANPA.

   Despois da foto de grupo, pasouse a compartir unha
merenda no comedor escolar.

   Moita sorte na vosa nova andaina!