OBRADOIRO DE COCIÑA

OBRADOIRO DE COCIÑA

Venres, 18 de outubro de 2013
Hoxe comezou un novo ano do grupo "Asuntillos" cun obradoiro de cociña.
Para levar a cabo a actividade contamos con monitores da ESO e tamén con antigos alumnos/as. Agradecemos a vosa colaboración!!!
Comezamos facendo os grupos e os monitores encargáronse de preparar coa vestimenta adecuada aos participantes, elaborando eles mesmos mantelos e gorros para a ocasión.
Xa estabamos listos e puxémonos a traballar. Fixemos tres recetas sinxelas coas que desenvolveron os distintos sensos, e nas que se empregou como ingrediente principal a froita, facéndolles ver a importancia da mesma na nosa dieta diaria.
Ao final degustamos o que preparamos e pasámolo así de ben!!!