Excursión de 3º e 4º de ESO ao Pazo de Oca e ao Museo de Historia Natural da USC

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados da profesora de ciencias naturais e os seus titores, visitaron o Pazo de Oca en A Estrada e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela na capital de Galicia.

Pola mañán visitamos o Pazo de Oca, onde se nos explicou como eran as relacións sociais e económicas na Galicia rexida polas relacións de foros. Tamén poidemos desfrutar da riqueza natural e beleza dos xardíns do pazo, como tamén valorar a importancia artística dun dos mellores exemplos do barroco civil en Galicia.

Pola tarde, despois de tempo para comer e de lecer, visitamos o Museo de Historia Natural, onde a prefesora de ciencias explicounos características das distintas exposicións que contén o museo. Poidemos ver exemplos de bioloxía terrestre e marítima, xeoloxía, fósiles, meteoritos, etc. A visita tivo un gran valor pedagóxico dado o caracter divulgativo do museo.

Ambalas dúas visitas foron moi ben valoradas polos alumnos e os seus profesores.