Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitaron a central hidroeléctrica de Belesar. O persoal desta central explicou o funcionamento das instalacións e o proceso de producción de electricidade. Os alumnos visitaron posteriormente unha fábrica de maquinaria en Monforte de Lemos. Esta industria diseña e produce máquinas de precisión para diversas ramas industriais.
Os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados dos seus titores, visitaran as instalacións da central hidroeléctrica de Belesar. Posteriormente, despois de tempo de lecer en Monforte, coñeceran as instalacións dunha industria dedicada a fabricación de maquinaria nesta misma localidade.
O vindeiro
xoves, 10 de novembro, os alumnos de 3º
e 4º de ESO acudirán a León para visitar a basílica de San Isidoro de León, a
catedral e o Museo de Arte Contemporáneo. As visitas serán guiadas e forman
parte das saídas didácticas programadas para este curso.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron unha saída Bio-Xeolóxica pola Serra do Courel. Para elo primeiro visitamos en Quiroga o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de dita localidade. Posteriormente nos diriximos cara a Serra do Courel para observar o gran pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, así mesmo adentramonos na devesa da Rogueira, comentando tamén os efectos da última glaciación, e para finalizar baixamos a fervenza de Vieiros.
Unha bonita excursión da que poderedes ver máis fotos na nosa Galería Fotográfica nos vindeiros días.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron hoxe, mércores, unha convivencia en Lóuzara. Se queredes ver algunha foto do desenvolvemento da xornada visitade o noso blogue.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizarán no día de hoxe a saída cultural do 1º trimestre.
Visitarán a Misión Biolóxica e o Museo de Pontevedra.
Preme nos enlaces si queres ver máis información.
Os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron o día 23 de setembro a un curso de resucitación cardiopulmonar impartido por unha especialista do 061. Os alumnos tiveron unha parte teórica e outra práctica. Na parte práctica simularon cun maniquí as manobras de soporte vital que se deben facer a unha persoa inconsciente ata a chegada de axuda cualificada.
Os alumnos de 3º e 4º de ESO o día 19 de Febreiro fixeron unha visita didáctica a Central Térmica de Ciclo Combinada de Endesa en As Pontes e posteriormente a o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña
Alumnos de ESO.
Para entrar ao blogue de galego, premede aquí