antigo cárcere

Nome do edificio:
Cárcere do Partido Xudicial do Barco de Valdeorras
Ano de construción:
Foi construído a mediados do século XIX (cara 1850)
Tipo de edificio:
Edificio de uso público
Historia:
Comezou sendo prisión e cuartel da Garda Civil. Alí ían as persoas detidas tanto pola Garda Civil coma pola policía local.
Na planta baixa estaba o posto da Garda Civil de porta, máis tres celas para reclusos. Na devandita planta só había un retrete.
Non contaba con cociña, polo que cando había algún detido a policía local era a encargada de lle levar a comida.
Na primeira planta estaba o cuartel da Garda Civil que, en anos posteriores, coa construción da nova Casa Cuartel, pasaría a ser a sé da Asociación de Amas de Casa do Barco.
Hai un anexo na parte traseira do edificio que foi empregado como garaxe da policía local ata o ano 2004.
Reformas do edificio:
Non sofreu ningún tipo de reforma.
Uso:
Antigamente era o cárcere, e hoxe ten un edificio anexo que é a gardería infantil do Barco.
Curiosidades:
O edificio estaba construído por morrillos (croios) do río Sil.

