a nosa historia nos edificios

 

Esta páxina Web nace coma resultado dun proxecto documental do Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, no que participou toda a comunidade escolar.

A idea que perseguiamos era a de coñecer a nosa historia local a través dos edificios senlleiros do Concello, para o que investigamos empregando distintas fontes documentais, testemuñas orais, recompilando documentos gráficos...

Ao mesmo tempo quixemos partillar a nosa investigación con toda a xente do noso concello e cos forasteiros que nos visitan, facendo accesibles dende os dispositivos móbiles que hoxe posúe unha grande parte da poboación, a través de códigos QR situados nos propios edificios obxecto da nosa investigación, os coñecementos que fomos adquirindo no transcurso da mesma.

Esperamos que este traballo sexa útil para que valoremos o noso patrimonio e nos sintamos parte activa da historia viva do noso Concello.

Queremos agradecer ao Concello do Barco a súa colaboración na colocación dos códigos QR nos edificios, e a toda a Comunidade Educativa por aportar documentación para o estudo dos edificios, fotografías antigas para ilustrar a historia dos edificios e ao achegar datos das súas lembranzas persoais.

En especial queremos agradecer a Ángel Fernández membro do Instituto de EStudos Valdeorreses o seu asesoramento e a magnífica charla que nos deu aportándonos datos de moitisimo interese para a realización da Web.

E fundamentalmente agradecer o traballo dos nenos e nenas do colexio que desenvolveron o seu traballo dun xeito extraordinario, dende os máis cativos aos maiores.