casa de don pepito

 

Casa de Don Pepito

Ano de construción:

A casa construiuse no ano 1906.


Tipo de edificio::

A casa é privada.


Historia:

A casa está en Viloira. Xosé Anastasio Lorezo Núñez Núñez era o dono da casa. Foi o fundador da Cooperativa de Barco.

Foi o descubridor da forma de combater a filoxera. Para combatela trouxo vides de América para enxertarlle enxertos as de Valdeorras no ano 1882. (http://en.calameo.com/read/00078860316096ce11bd1 )

Nalgunhas dependencias da casa hai frescos nas paredes e no teito, en outras xa desapareceron debido ao repintado necesario das paredes pola antiguidade e as humidades..

Era médico, político e empresario.

Tiña a consulta na casa e puxo as primeiras vacinas. Conta a sabedoría popular que era altruisata e non cobraba ou cobraba segundo as posibilidades de cada quen.

Chamábanlle Casa Indiano porque ten forma de “casas indianas” (casas cunha estrutura típica que adoitaban construir emigrantes, retornados de América), aínda que neste caso non se trate de ningún emigrante retornado.

Morreu no ano 1933 aos 75 anos e está enterrado no cemiterio civil do Barco de Valdeorras porque non era católico, a súa sepultura recoñécese perfectamente neste cemiterio civil xa que de entre as poucas que hai é a única que está presidida por unha columna truncada con motivos de racimos e vides. Tamén se conserva a súa esquela.


Reformas que sufriu:

A casa sufriu reformas na galería (que antes era de madeira) e nas ventás. Reformouse no ano1990 respectando a estrutura inicial, hoxe en día está protexida..


Uso actual e uso antigo:

Antigamente o seu uso era privado, Xosé Núñez era médico e tiña a súa consulta na casa. Alí vivía él e a súa familia. Actualmente é residencia de verán das súas bisnetas.


Curiosidades:

Xosé Núñez Núñez casou coa criada e tivo tres fillos, dúas nenas e un neno.

A casa construíuse con moito detalle e tiña o xardín con plantas exóticas. Algunhas das plantas eran cereixos xaponeses,carballos americanos,magnolias chinesas, palmeiras de dátiles...

Estivo na inauguración da Torre Eiffel no ano 1889.

Participou no Partido Republicano Federal e uniuse a Telesforo Oxea Somoza e a Modesto Mayron Carreras.

Foi fundador de dous periódicos: “A voz de Valdeorras” (1905) e “Heraldo de Valdeorras” (1914).

En 1918 foi nomeado “Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica”.

Gustábanlle os deportes de montaña. Facía alpinismo.

A casa consérvase en Viloira e na parte superior da casa hai unha placa que dí: “Vila Teresa”.


BIBLIOGRAFÍA:

Revista Valnatura nº 12 → http://en.calameo.com/read/00078860316096ce11bd1

Web “O Barco deValdeorras – Porta de Galicia” → http://obarco.webcindario.com/ilustre1.htm

Entrevista a “neta” de José Anastasio Lorenzo Nuñez Nuñez e visita á casa na compaña do mestre.