casa do río cigüeño

A casa de Riocigüeño é unha antiga casa de labranza de dous andares e finca levantada no século XVII. Pertencía á familia Carballo do Castro e despois foi vendida a don Andrés de Prada no ano 1608 que era un dos personaxes máis importantes da historia valdeorresa xa que fora secretario de don Juan de Austria, Alejandro Farnesio, Felipe II e Fellipe III. Cara a metade do século XIX pasou a pertencer á famila dos Barreras que eran unha familia nobre rural e fidalgos naturais de Cospeito (Lugo).

Esta casa foi empregada durante as primeiras datas do alzamento nacional coma casa cuartel e tamèn coma centro de detención e interrogatorios, habilitando para tal fin os baixos e as adegas da vivenda, que pouco a pouco foise convertendo no centro de “terror comarcal”.
No último terzo do século pasado, os derradeiros donos da casa ( a familia Barrera) cedéronlla ao concello como ben públio e o concello cedeulla á Xunta de Galicia para sede da Fundación Comarcal; ainda que na actualidade volve pertencer ao concello.
Rehabilitada no ano 2005, pasa a depender da Sociedade para o Desenvolvemento comarcal da Consellería de Medio Rural cunha exposición permanente sobre a comarca de Valdeorras. Cando foi rehabilitada conserváronse as pezas orixinais máis significativas do edificio, incluída a escaleira interior de madeira. Emprégabase como sede da Fundación Comarcal de Valdeorras e como edificio multiusos ata o seu peche, incluíbndo dúas salas de exposicións de produtos da comarca, unha de recepción de visitantes, un salón de actos e varias estancias para os empresarios..
Neste ano 2014 decídese que a Cruz Vermella de Valdeorras iniciara o seu traslado ao primeiro andar da Casa Riocigüeño. E prevese que o consorcio comarcal de turismo e o de augas de Valdeorras teñan alí as súas oficinas.
Esta casa ten unha estreita relación coa tradición valdeorresa. Conta unha lenda que un día de treboada un tronco caeu no leito do río Cigüeño e arrastrado polas augas revoltas foi parar a esta casa. Unha vez alí, o seu dono, Diego Valcarce, ordeou que se empregara para o lume da lareira, pero os criados; por moito que o intentaron, non tiveron maneira de cravar a machada no pao. Logo, o dono da casa dispuxo que se fixera unha imaxe de Cristo e contan que cando o escultor comezou a talla, a madeira dura do tronco volveuse branda coma a manteiga. Despois de feita, a imaxe pasou á igrexa parroquial do Barco e foi obxecto de devoción de toda a rexión de Valdeorras.

