Teatro Lauro olmo

 

Nome do edificio:

Teatro municipal Lauro Olmo

Ano de construción:

1960, ano no que se inaugurou como grupo escolar

Tipo de edificio:

É un edificio público, primeiro adicado ao ensino, onde se impartía a EXB, despois coma casa da Cultura e máis tarde como teatro e Conservatorio de Música.

Historia:

Na época dos nosos avós no Barco non había colexio, así que entre os veciños decidiron escribir unha carta ao gobernador para pedirlle que construíran un grupo escolar como había noutros pobos. 

A carta convenceu aos que mandaban e ordearon construír un grupo escolar que se inauguraría con nome de "Julio Gurriarán".

Alí estudaron durante moitos anos unha grande cantidade de mozos e mozas ata que se decidiu trasladar o colexio para a súa situación actual (Rúa deLugo). Daquela transformaron o colexio nunha Casa da Cultura ata que no ano 2006, tras unha obra de reforma, pasou a ser o teatro Lauro Olmo, adicado a este gran escritor barquense.

Curiosidades:

Ten 280 butacas (90 no piso superior e 190 na platea).