casa grande de viloira

 

Nome do edificio:

Casa Grande de Viloira.


Ano de Construción:

A mediados do século XVII no ano 1637, naquela época era a casa da familia Quiroga.

A Casa Grande nunha foto antiga

Tipo de edificio:

En realidade é un pazo ou un palacio e na actualidade é un gran edificio público.


Historia:

A casa grande esta construída en pedra, utiliza muros de cachotaría integrada principalmente por lousa;tratase dunha gran edificación señorial. Segue un esquema rectangular. A casa grande foi construída no século XVII no ano 1637, naquela época era casa de Elena Quiroga.

Elena Quiroga foi unha novelista española. Naceu no seno dunha familia acomodada xa que era filla dos condes de San Martín de Quiroga. Elena Quiroga viviu na casa grande ata que se casou co historiador Dalmiro de Válgoma e se foron para Madrid en 1950.

Xardíns da Casa Grande

Agora na actualidade é un gran edificio público e bastante grande xa que ten:

Dous patios interiores. Un deles,o máis grande,está rodeado por unha galería pechada, no centro hai unha fonte de pedra caliza rosada. No patio máis pequeno hai unha capela. A entrada principal do edificio ubícase na Praza de Otero Pedraio, principalmente peatonal e unha das prazas máis atractivas do municipio, sobre todo durante os meses de verán. Na parte de atrás ten un xardín moi grande que actualmente é un parque infantil e hai outro para persoas maiores.

Nos arredores da Casa Grande de Viloira podes desfrutar da gastronomía tradicional de Valdeorras nalgúns dos moitos establecementos hostaleiros e admirar as casas de dúas plantas típicas da zona ubicadas en estreitas rúas próximas ao edificio. Tamén tiña chemineas francesas, columnas de pedra vermella. Tamén recuperouse unha enorme bodega abovedada.

Fachada da Casa Grande na Pza. de Otero Pedrayo

Actualmente acolle os servizos comarcais da Xunta de Galicia. No seu interior está en exposición permanente a colección municipal de arte contemporáneo Valdearte,tamén oficinas da xunta e organismos oficiais como o INEM.


Uso actual e uso antigo:

Antigamente era un pazo ou un palacio que non utilizaban para nada. Máis tarde aloxouse a familia Quiroga. O seu uso actual é aloxar diferentes servizos da Xunta de Galicia tal como a brigada de incendios, servizos de medio ambiente, o Instituto Nacional de Empleo, a Oficina Agraria Comercial, o Rexistro da Xunta de Galicia, os Servizos de Inspección de saúde pública e o Instituto de estudos Valdeorreses que contan cunhas oficinas, unha biblioteca e un salón de actos.


Reformas que sufriu:

As reformas que sufriu foi a causa de que fai anos estaba abandoada e arregláronna para o uso actual, outra reforma que sufriu foi no ano 1996 foi colocar os cascotes da cornisa cando se caíron polo temporal. O día foi 2 de Outubro de 1996 xa restaurada, foi inaugurada polo presidente da Xunta, D. Manuel Fraga Iribarne.


Curiosidades:

O título da familia Quiroga foi outorgado pola súa maxestade a reina Isabel II. Os Quiroga deben o seu apelido localidade da provincia de Lugo(Quiroga) e é un linaxe tan antigo que se remonta ao século VI, vinculado ao Rei Recaredo I.

Sobre a porta principal hai un escudo de armas moi antigo,formado por: unha espadaña con cinco estacas de prata, unha árbore con labrel e unha cadea debaixo do escudo, o que indicaba que na casa se podían refuxiar persoas perseguidas e tiñan dereito de asilo.

Reseña sobre a Casa Grande no xornal O Sil

A actual praza de Otero Pedraio pertencían a Casa e estaba rodeada de edificacións adicadas a palleira, cortes, almacéns e vivendas do persoal que traballaba no pazo. Só se conserva unha casa, fronte a fachada principal.

Actualmente na beira do río Sil encontramos unhas columnas e un portalón que son os restos do seu propio embarcadeiro. Xa que ata principios do século XIX non existía ningunha ponte para cruzar o río.

Alí viviu unha gran novelista galega, Elena Quiroga, e os Condes de San Martiño.

No xardín da casa grande é onde fan moitas fotos de comuñón, baptizos, vodas...

Na parte de atrás hai un xardín moi grande onde hai un parque infantil e outro para persoas maiores.

No ano 2000 os membros do patronato da Fundación Valdeorras acordaron ca sede da entidad sería a Casa Grande de Viloira para poder proporcionar todos os servizos e estudiaríase a posibilidade de edificar a zona dos xardíns da casa para instalar alí o centro de exposicións comarcais.