a estación

Ano de construción:
A estación de ferrocarril do Barco fíxose no ano 1883.
Tipo de edificación:
É un edificio público dende a súa construción.

Historia:
A inauguración do ferrocarril tivo lugar o 1 de setembro de 1883.
Varias persoas interviñeron na súa construción: Luis Torre e Manuel Peyroncelli e Ángel Clareijo enxeñeiro da compañía dos ferrocarriles de Asturias, Galicia e León.
Na inauguración da liña o billete de 3º clase costaba 15,45 ptas.
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883, unindo Palencia con A Coruña.

Uso:
Antes non había outro edificio máis que o actual, que xa leva moitos anos.
Reformas que sofreu:
En 1885 a mala situación financieira da compañia ferroviaria de Asturias, Galicia e León tivo como consecuencia a súa absorción.

Curiosidades sobre o edificio:
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tren que facía o traxecto dende Oural a Toral dos Vados, aínda que a inauguración tivo lugar o 1 de setembro.
O tren que fixo o traxecto inaugural transportaba ao rei e máis á raíña. O tren partiu ás 8 e na mañán do día 31 de agosto chegaron ao noso pobo onde foron recibidos con grande entusiasmo por todos os veciños.
Hai algunhas fotos da estación de ao redor de 1890, e un libro de Eugenio Puga García.

