as casas baratas
Nome
do edificio:
Grupo de vivendas de “San Roque” coñecido popularmente como “As Casas Baratas”.
Ano de construción:
Construíronse en dúas fases a primeira fase construíuse en 1957 e entregáronse en 1958 e, a continuación, construíuse a segunda fase que se entregou en 1962.
Tipo de edificio:
Os edificios eran vivendas rectangulares, na primeira fase construíronse 50 vivendas e na segunda fase 80 vivendas.

Historia:
Había unha capela, chamada de ”San Roque”, que tiña dúas imaxes moi importantes; A Virxe da Barxa (procedente da antiga igrexa desaparecida) e unha imaxe de madeira policromada anterior o século XV.
Así mesmo posuía a imaxe do “San Roque”.
Tamén había tendas, dúas carnicerías, dúas pescaderias, tres tendas de ultramarinos, bares, un teleclube...e unha escola con 4 aulas .
Uso antigo ou uso actual:
Dende o ano 1957 ata agora están funcionando como vivendas.
Reformas que sufriu:
Antes eran de terra e despois cementáronse a principios dos anos 70 e tamén se humanizou o barrio plantando árbores, facendo xardíns, un parque infantil e unha pista polideportiva.
Na primeira fase entrábase pola cociña as habitacións e na segunda fase as habitacións eran máis grandes e tiñan corredor.

Curiosidades:
A extensión do barrio é de 1033m2, entre o ferrocarril Palencia-A Coruña polo norte, e polo sur o río Sil, polo leste terreos de Viñedo, e polo oeste unha casa particular.
A xente que vivía alí era de clase traballadora porque traballaban en empresas da vila, funcionarios públicos, garda civil que ocupaba un pavillón completo e tamén traballadores da construción e carpintería.
Por que se construíron as CASAS BARATAS?
Porque nos anos 50 empezaron a facer empresas no Barco e necesitaban vivendas, entón crease unha comisión para recadar cartos e comprar terreos.
O encargado da “comisión pro compra de terrenos para emplazamiento de viviendas de renta limitada” organizada pola Delegación Comarcal de Sindicatos, encargada de recadar cartos de donativos para a compra dos terreos, foi D. Gustavo Gómez Nóvoa que mediante doazóns (na páxina 3 do xornal “SIL” de setembro de 1958 pódese ver unha listaxe de doadores, neste caso para a segunda fase), adquiriu a finca denominada “Bada de las cortes” e posteriormente (o 24-01-1956) cedeu ao delegado provincial (por aquela D. José Manuel Liaño Flores) para a construción da primeira fase das Casas Baratas.
Outros artigos interesantes son, do mesmo Xornal, por aquela chamado “Boletín informativo del ayuntamiento y Jefatura Comarcal del Movimiento” “SIL” do mes de marzo de 1956, páxina 13 que titulado o artigo “Obras que son realidades, Viviendas” informa sobre o comezo das obras de construción das vivendas
Por que se chaman “CASAS BARATAS?
Porque eran vivendas de tipo social, cunha renda moi baixa para poder pagalas en 30 anos.

A vida no barrio:
Os nenos para divertirse xogaban o espeto, o marrachaze, o bote está na malla, os santos, a billarda... (véxase “A comunidade do remolque” https://www.youtube.com/watch?v=UlxR6j1nbqA no que falan os veciños do barrio sobre como era a vida a nel)
Anécdotas:
Cando se puxeron as primeiras vivendas houbo fontaneiros de guardia para explicarlles aos habitantes o funcionamento do baño, porque a xente viña dos pobos e non sabían utilizar as cisternas,duchas... (contan os veciños que unha vez se atopou, nunha casa, un cocho criando nun baño, cando acabaran de poñer os baños; indicativo, esaxerado ou non, do distanciamento entre a vida nas aldeas e na vila).
Bibliografía:
-
Xornal “O Sil”, setembro de 1958
-
Xornal “O Sil”, marzo de 1956
-
Copia da escritura de donacion da finca “La Bada” ao Delegado nacional de Sindicatos.
-
As casas Baratas de San Roque, Casabaratismo 2.0, páxina de facebook. https://es-es.facebook.com/casabaratismo2.0
-
Casabaratismo, video conmemorativo do 50 aniversario en youtube http://www.youtube.com/watch?v=Ziu8uFHp_Ks
-
A comunidade do remolque, Vídeo sobre a vida no barrio de San Roque http://www.youtube.com/watch?v=UlxR6j1nbqA
Feito por Víctor, Antía, Jairo B, Noelia, Iván C, Eva B e Patricia.

