O concello vello

 

Historia

O Concello vello de O Barco de Valdeorras comezou a construírse en 1955 e inaugurouse en xaneiro do ano 1956. Foi construído nas terras que pertencían a un tío de Angel Alba, chamado Eudoro Alba.

Para a urbanización do novo espazo para o concello contaron cunha subvención concedida polo ministro de Gobernación, Blas Pérez, de 11.000 pesetas; e para a construción do concello abriuse un orzamento extraordinario específico para ese fin cunha primeira subvención de 300.000 pesetas concedida no ano 1952 pola Dirección Xeral de Rexións Devastadas e outra de75.000 pesetas achegadas pola Deputación Provincial para devolver nun período de 30 anos.

Obras de construción do Concello Vello

O edificio debía dispor de dous andares e unha balconada na fachada principal, chamada “Balcón de aparicións” sobre a que se instalaba un reloxo, que podía ser substituído polo escudo franquista ou o Víctor.

O Concello Vello cara a 1958

Na planta baixa estaba a conserxería na que se instalou unha centraliña para doce teléfonos que foron colocados nas distintas dependencias do concello, o arquivo, o local da garda municipal, os aseos, a biblioteca municipal e un pequeno centro de hixiene.

Na planta alta, a estrutura xiraba ao redor do salón de plenos. Ademais, situábanse alí as oficinas do secretario, o despacho do alcalde e os concelleiros, e un cuarto de baño.

No ano 2003 construíuse un edificio multiusos enfronte do concello vello no que se albergou o novo concello de O Barco xunto con outros organismos.

O Concello Vello nos anos 70

A partires deste ano o concello vello destinouse a outros usos diversos. Nel estiveron provisionalmente a asociación de empresarios valdeorreses (AEVA), os xulgados, a asociación Vagalume, a cámara de comercio, etc….

Na actualidade están neste edificio a oficina da traballadora social, a técnica local de emprego, unha oficina para a tramitación do DNI e segue tendo un salón de actos.