a cooperativa

 

Cooperativa Xesús Nazareno do Barco

A adega-cooperativa Xesús Nazareno constituíuse formalmente o 15 de xaneiro de 1958 por un grupo de viticultores de O Barco e dos concellos limítrofes de Rubiá, Vilamartín e Carballeda.En setembro de 1958 a sociedade obtén o permiso do Ministerio de Agricultura para a instalación da adega que comeza a construírse de inmediato. En 1963, unha vez rematadas as obras, recolle a primeira colleita de uvas dos seus socios e elabora o seu primeiro viño.

Descarga de uvas na Cooperativa

Neste período inicial está promovida por un dos seus fundadores Demetrio Macía Macía, natural de Arcos que contrata ao enólogo rioxano Tomás Santa Cruz para poñer en marcha todo o proxecto de vinificación.

O primeiro relevo na presidencia produciuse en abril de 1969 na persoa de Eulogio Ugadela Vega que pola súa avanzada idade e problemas de saúde dimite seis meses máis tarde.

En decembro deste mismo ano, os socios elixen novo presidente da Xunta Rectora na persoa de Gabriel Castellanos Cubela. Durante o seu mandato instálase a primeira planta embotelladora para sacar ao mercado as primeiras botellas de viño do Barco.

Vista da Cooperativa dende Viloira

O 23 de setembro de 1975, producíuse un novo cambio na presidencia; Eulogio Gavela García vai ser o encargado de acelerar o proceso de recuperación da caste godello a través do programa Reviva que impulsa conxuntamente coa Axencia de Extensión agraria.

A cooperativa adquire una finca nas Chas que planta con godello na súa totalidade e crea o primeiro viño desta variedade co nome de Gran Viño Godello. Tamén son desta época o branco Mozafresca, que acadou grande éxito comercial; e o primeiro tinto galego de crianza, o Valdouro.

O 2 de decembro de 1983 asume a presidencia da cooperativa Angel Pérez Mallo que continua coa expansión comercial introducindo o viño nas grandes cadeas de alimentación e lanzando o Menciño como o buque insignia dos tintos galegos elaborados coa variedade mencía.

A Cooperativa cara a 1990

En febreiro de 1986 comeza o mandato do actual presidente da entidade Manuel Fernández Pérez do que se destaca a modernización das instalacións coa ampliación da capacidade de embotellado, novas prensas pneumáticas, equipo de frío ou depósitos de aceiro inoxidable para a fermentación controlada.

A adega-cooperativa do barco lleva 50 anos traballando e na actualidade conta cuns 450 socios, recolle dous millóns e medio de Kg de uvas e elabora oito marcas de viños (Albar, As Chas, Mozafresca, Viño Abad, Menciño e Valadouro) entre elas monovarietais de godello e mencía, que distribúe por todo o mercado nacional e exporta a varios países do mundo.

A Cooperativa na actualidade (2014)

A Cooperativa é una entidade de grande importancia para o Barco tanto dende o punto de vista social coma económico, así coma na promoción cara o exterior da localidade e da comarca a través dos viños de calidade que elabora.

A XIII Festa do Botelo do Barco outorgoulle á Bodega Cooperativa Xesús Nazareno a súa Mención de Honra o 19 de xaneiro de 2013, como recoñecemento a importancia social e económica desta entidade para O Barco e a súa comarca.