Igrexa de San Mauro

Nome edificio
Igrexa de San Mauro (Amaro).
Ano de construción
1.691 (1.693).S.XVII
Tipo de edificio
Igrexa, antes era unha pequena capela (ermida).
Historia
Antes era unha pequena capela que se foi alongando co paso do tempo. Sufriu un incendio.

O seu santo, Xesús Nazareno foi feito dun tronco que baixaba río abaixo polo río Cigüeño, e resistiuse a ser cortado para leña pero se mostrou brando cando un carpinteiro tentou facer a imaxe do Cristo. Dicían que era milagroso.
A igrexa chamouse San Amaro ata o ano 1.721.
Uso
Sempre se usou para os ritos relixiosos.

Reformas que sufriu
No ano 2012 reformouse no verán por pingueiras.
Curiosidades sobre o edificio
En decembro de 1.909 choveu moito, e inundouse a praza onde se sitúa a igrexa. Os veciños levaron ao santo en procesión. Cando parou de chover devolvérono a igrexa sen mollarse, dicindo que era un milagre. Xesús Nazareno era milagreiro.

