a ponte de san fernando
A Ponte de San Fernando formaba parte das obras da estrada de segundo orde de Ponferrada a Ourense. O primeiro proxecto técnico para a construción da Ponte de San Fernando foi redactado no ano 1.878, dous anos mais tarde foi modificado e a ponte non se inaugurou ata 1902.
Tipo de edificio:
A Ponte de San Fernando é un edificio público.
Historia:
A Ponte de San Fernando estaba situada entre Viloira e o Barco de Valdeorras.
A enchente do Río Sil en 1959 fixo que as 18:45 do día 27 de Decembro a ponte se derrubase.
Uso actual e uso antigo:
O uso antigo era e para chegar aos pobos que estaban ao lado da Ponte, inicialmente construíuse como obra da estrada de Ourense a Ponferrada.
O uso actual é para chegar ás vilas que están na beira esquerda do Sil (Viloira, Santigoso, Coedo, Alixo, Millarouso, Cesures, Vales e Fervenza), xa que a estrada a Ponferrada ten outro trazado.

Reformas que sufriu:
Non sufriu ningunha reforma porque o caudal da auga derrubouna e tiveron que facer outra.
O 19 de Xaneiro de 1960 os soldados construíron unha ponte de madeira chamada a Ponte dos pontoneiros (eran soldados do Rexemento de Pontoneiros de Zaragoza). Levoulles só dous días construír esta ponte de barcas, con capacidade ata 6000kg, pero o día 27 seguinte o río levouse esta nova ponte.

Dous meses despois volveron facer a ponte no mesmo sitio que a anterior e prestou servizo ata fin de ano, que a quitaron. Volveuse a por en abril de 1961 e prestou servizo tamén ata fin de ano reinstalándoa en 1962 e 1963. En Outubro de 1964, quitárona definivamente.
En Agosto de 1960 viñeron técnicos para facer o estudo da cimentación para a nova ponte e en marzo e abril de 1960 fíxose por "Dragados y Construcciones" unha pasarela ao lado da ponte caída, que prestou servizo ata a construcción da nova e actual ponte entre que comezou en 1962 e non rematou ata maio de 1967 con retrasos contínuos por falta de ferro para facer as vigas transversais.
Curiosidades:
-
Unha noticia de La Voz de Galicia do 30 de Xullo de 1897 da conta do afundimento dun dos arcos centrais da ponte (ao pouco de construíla), o accidente ocorreu cara as sete da mañá o que impediu desgrazas persoais, cinco anos despois a ponte inaugurouse oficialmente xunto coa estrada.
-
Manuel Quiroga Vázquez naceu en 1844 na Casa de Lamela, parroquia de San Salvador de Quiroga (Lugo). De familia fidalga por ambas ramas, herdou da súa nai o título de conde de San Martiño de Quiroga.
Quiroga estudou avogacía en Madrid. Comezou axiña a súa carreira política, sendo elixido en 1869 deputado por Quiroga nas filas da Unión Liberal.
Asentado na Casa Grande de Viloira foi o maior pagador do Barco por contribución territorial. Representou o Partido Conservador en Valdeorras desde 1879. Foi o deputado do distrito de Valdeorras que máis veces -nove- ocupou cadeira nas Cortes. Desenvolveu os cargos de director xeral de Agricultura, de Administración Local, Xefe Superior de Administración Civil e Embaixador plenipotenciario de China.
A construción da ponte de San Fernando débese pois en grande medida a este personaxe, que gañou a súa batalla particular frente a Apolinar Flórez, deputado liberal valdeorrés, que pretendeu sen éxito que a estrada Vilafranca-0 Barco (1894) dera unha volta, antes de chegar ao Barco, por Vilanova, Outarelo e O Castro, onde se situaban o pazo e as terras da súa propiedade.
-
Cando a ponte se derrubou causou a morte dun señor chamado Manuel Conde Rodríguez, alias “O Monfortino”. O último que pasou foi o cura de Santa Mariña D. Domingo López González que observara algunhas gretas na carretera e deu aviso no café de Juan Rodríguez para que a xente non pasara pola ponte, pero Manuel Conde non fixo caso.
Bibliografía:
.