O pasado sábado, 18 de abril, a judoka Eva Lugueros de 1º de ESO do Colexio da Asunción de Sarria, disputou a Fase Final Galega de Judo en Pontevedra, despois de proclamarse Subcampiona Galega da Fase Norte celebrada en Cambre o pasado 28 de marzo.
O sábado en Pontevedra proclamouse SUBCAMPIONA GALEGA na categoría infantil.
Eva iniciouse no judo tan só hai cinco meses nas actividades extraescolares do Colexio.
Hoxe, sábado 18 de abril, a nosa judoka Eva Lugueros de 1º da ESO, disputará en Pontevedra a Fase Final Galega de Judo, tras proclamarse Subcampiona Galega da Fase Norte, o pasado 28 de marzo en Cambre.
MOITA SORTE EVA!!!
A nosa judoka Eva Lugueros de 1º da ESO, proclamouse esta mañá en Cambre SUBCAMPIONA GALEGA da fase norte na categoría infantil.
O vindeiro 18 de abril disputará a Fase final Galega en Pontevedra, e se acadara neste campionato o primeiro posto acudiría ao Campionato de España que se celebrará en Jaca.
MOITO ÁNIMO EVA E MOITA SORTE!!!
Onte pola tarde un grupo de alumnos/as, profesores e monitores, desplazámonos ata Lugo para presenciar o encontro entre o Ribeira Sacra Breogán e o Força Lleida.
Disfrutamos do baloncesto nun partido moi emocionante que rematou coa victoria do Breogán (77-68).
Dende o colexio queremos agradecerlle ao Ribeira Sacra Breogán que puideramos levar a cabo dita actividade e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos máis.
MOITA SORTE E MOITAS GRAZAS POR TODO BREO!!!
Mañá, sábado 28 de marzo, case un cento de alumnos/as do colexio acompañados por profesores e monitores, asistiremos a presenciar o encontro de baloncesto do Ribeira Sacra CB Breogán e o Força Lleida, que se disputará no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo a partir das 19:15 horas.
Os peques do comedor desfrutaron dun día de picnic coas súas monitoras.
Mirade que ben o pasaron!!!




Preséntovos ao noso equipo alevín de fútbol sala e ao seu adestrador David Arias. O equipo está formado por alumnos/as de 3º, 4º e 5º de E.P cargados de moita ilusión. Agardámosvos todos os sábados no polideportivo do Chanto.
ÁNIMO CAMPIÓNS!!!!!!!
O xoves 25 de abril, fomos preparar a horta. Primeiro, quitamos as pedras, malas herbas, recollimos terra... Os nenos de tres anos plantamos amorodos. Logo, os de catro e cinco anos, sachamos a terra, fixemos os surcos, e entre todos plantamos leitugas.





O centro dispón dun servizo de garda co seguinte horario:
- Garda de mañá: a partir das 8:30h.
- Garda de tarde: de 17:00h a 20:00h.
Educación Infantil e Educación Primaria
No periodo comprendido entre os días 10 e 30 de setembro (ambos os dous inclusive), e entre os días 1 e 19 de xuño (ambos os dous inclusive), establecerase a xornada lectiva continuada en horario matinal, de 9:00h a 14:00h.
Para o resto do curso, (de outubro de 2014 a maio de 2015) a xornada será partida cos seguintes horarios:
Mañá de 9:45h a 13:00h.
Tarde de 15:00h a 17:00h.
ESO
Durante todo o curso establecerase a xornada lectiva continuada en horario matinal, á de 8:45 h a 14:15h, agás os luns que será partida:
Mañá de 8:45h a 14:15h.
Tarde dos luns de 15:30h a 17:10h.
O horario de administración, secretaría e portería para atención a familias será o seguinte:
En setembro e xuño: de 9:00 h a 10:00 h e de 13:30 h a 14:30 h
De outubro a maio: Mañás: de 9:30 h a 10:30 h
Tardes: de 16:30 h a 17:30 h
Os alumnos de 1º e 2º de EP, o vindeiro venres 25 de xaneiro, realizaremos a saída cultural ao Museo Provincial de Lugo, na que participaremos na actividade "Crea o teu museo". Se queredes saber en que consiste, premede aquí .